Grilled Cheese

ExploreLog inSign up

Aevum. Idade Media e Medievalismos

@aevum-usc.bsky.social

83 Following36 Followers

Grupo de investigación da @usc.gal 🏰 Investigación interdisciplinar sobre o mundo medieval

PostsRepliesMedia
@aevum-usc.bsky.socialOct 8, 2026, 9:04 AM

📅 Do 16 ao 18 de marzo de 2027
📍 Paraninfo da Universidade, @facultadexh.bsky.social 
🔗 Envío de propostas ata o 1 de decembro de 2026

#Aevum #IdadeMedia #Medievalismos
@usc.gal

@aevum-usc.bsky.socialOct 8, 2026, 9:02 AM

🧑‍💻 Unha nova cita para o diálogo entre distintas liñas de investigación sobre o mundo medieval e para celebrar dez anos de camiño compartido pola mocidade medievalista.

@aevum-usc.bsky.socialOct 8, 2026, 9:02 AM

🏺 Memorabilia alude a aquilo que merece ser lembrado e que nos permite recuperar e compartir a memoria do pasado. Nesta edición, a xarra de Leonor de Aquitania serve de fío condutor para reflexionar sobre a memoria e a transmisión de novas historias.

@aevum-usc.bsky.socialOct 8, 2026, 9:02 AM

📣 Actividade | X Congreso Internacional O Camiño do Medievalista

Varios membros do equipo do grupo Aevum organizan e participan nunha nova edición deste congreso internacional, que chega este ano á súa décima edición baixo o título 𝑀𝑒𝑚𝑜𝑟𝑎𝑏𝑖𝑙𝑖𝑎.

https://i.gal/mBiku

@aevum-usc.bsky.socialOct 6, 2026, 9:22 AM

👉 Descubre este e outros termos na páxina web de MUNARQAS: https://munarqas.com/2026/09/01/ponemos-en-marcha-munarqas-corpus-documental-de-las-reinas-ibericas/

#Aevum #GlosarioMedieval #Exequia #IdadeMedia #Medievalismos
@usc.gal

@aevum-usc.bsky.socialOct 6, 2026, 9:21 AM

🔎 Este termo forma parte do "Alfabeto do Poder Feminino Medieval", unha ferramenta desenvolvida polo proxecto MUNARQAS para achegarnos ao vocabulario relacionado co poder feminino na Idade Media.

@aevum-usc.bsky.socialOct 6, 2026, 9:21 AM

A noticia do falecemento espallábase polo reino e as honras reproducíanse en vilas e cidades con procesións, catafalcos e outras manifestacións de duelo, reforzando a relación entre a monarquía e os seus territorios.

@aevum-usc.bsky.socialOct 6, 2026, 9:21 AM

As exequias reunían os ritos e honras fúnebres que acompañaban a morte dunha raíña, infanta ou outra muller da familia real. Incluían o velorio, o enterramento, o loito e as cerimonias públicas, cunha dimensión espiritual, ceremonial e política.

@aevum-usc.bsky.socialOct 6, 2026, 9:21 AM

📖 Glosario medieval | Exequia A morte dunha raíña medieval non era un acontecemento exclusivamente privado.

@aevum-usc.bsky.socialOct 2, 2026, 9:02 AM

🔗 Podes ler a investigación completa na seguinte ligazon:
https://culturagalega.gal/noticia.php?id=39388

#Aevum #IdadeMedia #Medievalismos
@usc.gal 
@cispac.bsky.social

@aevum-usc.bsky.socialOct 2, 2026, 9:02 AM

O investigador Francisco Prado-Vilar achega novas pistas sobre a historia da peza a partir de fotografías inéditas e documentos xudiciais, seguindo un novo rastro que conduce de Santiago a Buenos Aires.

@aevum-usc.bsky.socialOct 2, 2026, 9:02 AM

Doada polo rei Afonso III e a raíña Ximena ao santuario xacobeo no ano 874, a cruz foi conservada durante máis dun milenio no tesouro da catedral de Santiago. Recuberta de ouro e pedras preciosas, constituía unha das grandes xoias do patrimonio histórico-artístico galego.

@aevum-usc.bsky.socialOct 2, 2026, 9:02 AM

📄 Publicación | O misterio da gran xoia desaparecida de Galicia Que aconteceu coa Cruz de Afonso III, roubada da catedral de Santiago na madrugada do 7 de maio de 1906❓

@aevum-usc.bsky.socialSep 30, 2026, 9:02 AM

🕜 19h
📍 Aula 8, @facultadexh.bsky.social  

Organizan: grupo @ideahs-usc.bsky.social e proxecto PERMORIA.

#Aevum #IdadeMedia #Patrimonio #Medievalismos
@usc.gal

@aevum-usc.bsky.socialSep 30, 2026, 9:02 AM

A investigación de Francisco Prado-Vilar sobre os profetas do Pórtico da Gloria foi clave na súa recuperación e devolución ao Concello de Santiago en 2025. Desde 2020, forma parte da Comisión de Recuperación das esculturas, creada pola Xunta e o Concello.

@aevum-usc.bsky.socialSep 30, 2026, 9:02 AM

🏛️ Actividade | Conferencia: Patrimonio en guerra: espolio e propaganda durante o franquismo

Hoxe, mércores 30 de setembro, o investigador Francisco Prado-Vilar (Aevum- @cispac.bsky.social   participará no ciclo "O impacto da Guerra Civil no ámbito das artes en Galicia".

@aevum-usc.bsky.socialSep 28, 2026, 8:04 AM

📅 Mércores 30 de setembro, 19h
📍 Aula 8, @facultadexh.bsky.social  

Organizan: grupo @ideahs-usc.bsky.social e proxecto PERMORIA.

#Aevum #IdadeMedia #Patrimonio #Medievalismos
@usc.gal

@aevum-usc.bsky.socialSep 28, 2026, 8:03 AM

A investigación de Francisco Prado-Vilar sobre os profetas do Pórtico da Gloria foi clave na súa recuperación e devolución ao Concello de Santiago en 2025. Desde 2020, forma parte da Comisión de Recuperación das esculturas, creada pola Xunta e o Concello.

@aevum-usc.bsky.socialSep 28, 2026, 8:03 AM

🏛️ Actividade | Conferencia: Patrimonio en guerra: espolio e propaganda durante o franquismo O vindeiro mércores 30 de setembro, o investigador Francisco Prado-Vilar (Aevum- @cispac.bsky.social) participará no ciclo "O impacto da Guerra Civil no ámbito das artes en Galicia".

@aevum-usc.bsky.socialSep 24, 2026, 8:31 AM

🟣 Unha aproximación interdisciplinar para comprender como Urraca exerceu o poder e como a súa figura foi representada e transmitida ao longo dos séculos. @usc.gal  @cispac.bsky.social

Older posts
Terms of UsePrivacy PolicyCommunity StandardsHelpGet the app

Grilled Cheese is a product of Village Compute

Version devBuilt at: 2026-10-11 02:37:10 EDT