Grilled Cheese

ExploreLog inSign up

Facultade de Xeografía e Historia (USC)

@facultadexh.bsky.social

103 Following305 Followers

Somos a conta oficial da Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela

🖥️ https://www.usc.gal/gl/centro/facultade-xeografia-historia
📍 Praza da Universidade, 1, 15703 Santiago de Compostela
📲 Séguenos tamén en FB, IG e In

PostsRepliesMedia
@facultadexh.bsky.socialOct 9, 2026, 11:02 AM

📢 Peche da Facultade Informamos de que o vindeiro luns, 12 de outubro, a Facultade permanecerá pechada con motivo do Día da Hispanidade. 👉 A actividade académica e administrativa retomarase con normalidade o martes, 13 de outubro.

@facultadexh.bsky.socialOct 9, 2026, 9:30 AM

📅 15 e 16 de outubro de 2026 📍 Museo do Pobo Galego, Santiago de Compostela 📝 Inscrición:

@facultadexh.bsky.socialOct 9, 2026, 9:30 AM

📚Dúas xornadas para reflexionar sobre os coidados desde unha perspectiva transhistórica, a través de conferencias, mesas redondas e actividades divulgativas arredor de tres eixos: coidar as raíces, a memoria e o rural.

@facultadexh.bsky.socialOct 9, 2026, 9:30 AM

🟪 XORNADAS | Xénero, produción e coidados A vindeira semana, o Museo do Pobo Galego, acollerá as Xornadas de Xénero, Produción e Coidados a través da perspectiva Transhistórica, organizadas no marco do proxecto @coidarq.bsky.social.

@facultadexh.bsky.socialOct 9, 2026, 8:02 AM

A AEIHM, en colaboración co @aevum-usc.bsky.social e o @cispac.bsky.social, organiza este coloquio internacional que reivindica o papel das mulleres como protagonistas da mobilidade, os intercambios e a creación de redes ao longo da historia.

@facultadexh.bsky.socialOct 9, 2026, 8:02 AM

XXIII COLOQUIO INTERNACIONAL DA AEIHM | Mujeres en la Historia Global

📅 Do 21 ao 23 de outubro
📍 Paraninfo da Universidade, Aula 2, Aula 16
🔗 Inscricións, programa e máis información: https://xxiiicoloquio2026feminismos.aeihm.org/programa/

@facultadexh.bsky.socialOct 8, 2026, 11:03 AM

A mostra está organizada por Arolsen Archives, coa colaboración de  , a @usc.gal e a Cátedra de Memoria Democrática da USC, e o apoio da Xunta de Galicia.

📍 Claustro do 1º andar
📅 Do 14 de outubro ao 6 de novembro

@facultadexh.bsky.socialOct 8, 2026, 11:03 AM

A iniciativa, activa desde 2016, busca tamén localizar as familias das vítimas e devolverlles estes obxectos, que aínda hoxe permanecen en arquivos. Actualmente, arredor de 2.000 sobres con pertenzas persoais agardan ser devoltos aos seus familiares.

@facultadexh.bsky.socialOct 8, 2026, 11:03 AM

📷 Fotografías, xoias, carteiras, documentos e outros obxectos que foron confiscados no momento da detención e que, décadas despois, poden contribuír a reconstruír as historias e as vidas das persoas perseguidas polo nazismo.

@facultadexh.bsky.socialOct 8, 2026, 11:03 AM

🟦 EXPOSICIÓN | #StolenMemoryGalicia

A Facultade de Xeografía e Historia acolle a exposición #StolenMemoryGalicia, unha mostra sobre as deportacións aos campos de concentración nazis e a recuperación das pertenzas persoais das súas vítimas.

@facultadexh.bsky.socialOct 8, 2026, 10:09 AM

📅 Venres 16 de outubro
📍 Aula 8 
💻 Presencial e en liña (Microsoft Teams)
🎟️ Inscrición gratuíta: [email protected]
🔗 Máis información: https://piculturban.wixsite.com/culturban/actividades

@facultadexh.bsky.socialOct 8, 2026, 10:08 AM

🗣️ O encontro reunirá especialistas para afondar nas experiencias das mulleres vinculadas á vida militar na Idade Moderna, desde a vida en campaña e nos presidios galegos ata a xustiza militar e a vida familiar e cotiá.

@facultadexh.bsky.socialOct 8, 2026, 10:08 AM

XI Xornadas Internacionais | Mujeres en la Historia: Mujeres y ejércitos Xornadas organizadas polo grupo de investigación en Historia Moderna Culturban, dedicadas nesta edición á relación entre mulleres e exércitos.

@cispac.bsky.socialOct 8, 2026, 8:06 AMReposted by @facultadexh.bsky.social

📣 ACTIVIDADE | I Xornadas de investigación e diálogo humanista

🤝 Organizadas por Juan Peteiro e Carolina Sobrado en colaboración coa @facultadexh.bsky.social, @sincrisis-usc.bsky.social, GEPN-ATT e o CISPAC

📅 15-16/10
📍 Sala de Profesorado, @facultadexh.bsky.social

cispac.gal/posts-actual...

@facultadexh.bsky.socialOct 8, 2026, 8:02 AM

💻 Se non podes asistir presencialmente, poderás conectarte en liña por Teams. Se non podes asistir de ningún xeito, deberás enviar as túas preferencias a xeohistoria.decanato@usc.gal antes do 10 de outubro ás 13h.

@facultadexh.bsky.socialOct 8, 2026, 8:02 AM

📌 Que debes facer? Leva as túas opcións de liña temática ordenadas por preferencia. A asignación realizarase por orde de nota: se a primeira opción xa está ocupada, pasarase á seguinte.

@facultadexh.bsky.socialOct 8, 2026, 8:02 AM

📅 Martes 13 de outubro 🕐 13–16h 📍 Aula 7 ou en liña por Teams

@facultadexh.bsky.socialOct 8, 2026, 8:02 AM

🎓 Asignación de titor/a de TFG | Curso 2026/27 Sesión de asignación de titor/a de TFG para os graos de Historia da Arte, Historia e Xeografía.

@facultadexh.bsky.socialOct 8, 2026, 8:00 AM

⚫ Dende a Facultade de Xeografía e Historia da @usc.gal lamentamos profundamente o pasamento de Xosé Manuel Beiras.

O noso afectuoso saúdo á súa familia e amizades.

@facultadexh.bsky.socialOct 7, 2026, 10:02 AM

📅 15 e 16 de outubro
📍 Facultade de Xeografía e Historia
⤵️ Máis información:
https://cispac.gal/posts-actualidade/aberta-a-chamada-a-comunicacions-das-i-xornadas-de-investigacion-e-dialogo-humanista/

@usc.gal 
@cispac.bsky.social 
@sincrisis-usc.bsky.social

Older posts
Terms of UsePrivacy PolicyCommunity StandardsHelpGet the app

Grilled Cheese is a product of Village Compute

Version devBuilt at: 2026-10-11 02:37:10 EDT