Grilled Cheese

ExploreLog inSign up

Campus Terra USC

@campusterrausc.bsky.social

39 Following115 Followers

Conta oficial do Campus Terra da Universidade de Santiago de Compostela.
📍 Lugo.
🕸 https://www.usc.gal/gl/campusterra

PostsRepliesMedia
@campusterrausc.bsky.socialOct 9, 2026, 8:39 AM

🤖 ‘Intelixencia Artificial Aplicada á Análise de Datos en Ciencias Biomoleculares e Tecnoloxía dos Alimentos’

🐄 ‘Os proxectos agropecuarios dende a perspectiva da lexislación e a obtención das licencias administrativas’

🥖 ‘Radiografía do Pan galego’

✍️: forms.cloud.microsoft/pages/respon...

@campusterrausc.bsky.socialOct 9, 2026, 8:38 AM

A vindeira semana darán comezo varios cursos do Plan Formativo do Campus Terra aos que aínda estás a tempo de inscribirte 👇 🌱 ‘Aplicacións do cultivo in vitro en vexetais: microenxerto e illamento de meristemos’. 🔢 ‘Programación orientada a obxectos con Python’

@campusterrausc.bsky.socialOct 8, 2026, 3:11 PM

🪸🌱 O grupo operativo BIO_MARTERRA, que conta coa participación de varios investigadores e docentes do Campus Terra, celebrará o día 22 o seu evento final, no que se darán a coñecer os resultados deste proxecto sobre o uso de bioestimulantes elaborados con algas

@campusterrausc.bsky.socialOct 6, 2026, 3:01 PM

☀️🌑 UMBRA, un proxecto de CITMAga que busca conservar a memoria visual de como foi vivida a eclipse do 12 de agosto en Lugo mantén aberto ata o 30 de outubro o prazo para o envío de fotografías

www.usc.gal/gl/xornal/no...

@campusterrausc.bsky.socialOct 5, 2026, 8:11 AM

🌳 Comprender mellor a contribución dos soutos á resiliencia territorial, á conservación da biodiversidade e ao mantemento de paisaxes culturais. A isto contribúe un estudo presentado nun workshop en Toquio por investigadores do @campusterrausc.bsky.social.
www.usc.gal/gl/xornal/no...

@campusterrausc.bsky.socialOct 2, 2026, 9:14 AM

🧑‍🏫 A Facultade de Formación do Profesorado acolleu recentemente un encontro entre estudantado, profesorado e entidades colaboradoras do proxecto ASerES-Lugo para a posta en común dos resultados da súa colaboración 👇

www.usc.gal/gl/xornal/no...

@campusterrausc.bsky.socialOct 1, 2026, 3:00 PM

🧑‍🌾🌱 O Plan Formativo Campus Terra 2026 continúa este mes de outubro co seminario ‘Os proxectos agropecuarios dende a perspectiva da lexislación e a obtención das licencias administrativas’

www.usc.gal/gl/campuster...

@campusterrausc.bsky.socialSep 30, 2026, 3:04 PM

🦋 Mañá, ás 20:00 horas, terá lugar no Vello Cárcere a conferencia 'Darwin e Wallace: dúas vidas antiparalelas', unha actividade vinculada á exposición ‘Wallace e a orixe das especies’ que correrá a cargo de Juan Ramón Medina Precioso, catedrático de Xenética.

www.usc.gal/gl/xornal/ev...

@campusterrausc.bsky.socialSep 28, 2026, 9:15 AM

🏛️ E se ‘quedamos no mitreo’?

A Domus do Mitreo impulsará esta semana un ciclo de conferencias que achegarán ao público novas perspectivas da prehistoria e historia antiga da nosa provincia, baixo o lema ‘(Re)descubrindo o pasado de Lugo, novas achegas da investigación’.

www.usc.gal/gl/xornal/no...

@campusterrausc.bsky.socialSep 25, 2026, 7:00 AM

🔬 Esta tarde, a ciencia toma o centro de Lugo! 🧪 iTERRA Night + G-Night 🕕 18.00–22.00 h 📍 Mercado Municipal e Praza de Abastos. 🎟️ Actividades gratuítas para todas as idades. Vén experimentar, descubrir e preguntar! 🙌

@campusterrausc.bsky.socialSep 24, 2026, 9:28 AM

🍂✨ Música, exposicións, foros, audiovisual, certames, formación... Isto e moito máis é o que ofrecerá os vindeiros meses o Outono Cultural da @usc.gal no noso campus 👇

www.usc.gal/gl/xornal/no...

@campusterrausc.bsky.socialSep 23, 2026, 3:08 PM

🧪✨ A Noite Galega das Persoas Investigadoras está de volta en Lugo!

Este venres terá lugar, no centro da nosa cidade, unha nova edición da G-Night, que ofrecerá ao público unha vintena de experiencias interactivas de balde entre as 18:00 e as 22:00 horas.

👉 www.usc.gal/gl/xornal/ev...

@campusterrausc.bsky.socialSep 22, 2026, 9:06 AM

🐮 Contribuír ao relevo xeracional nas cooperativas e explotacións do sector lácteo galego.

Esta é unha das metas que persegue a xornada de formación en transformación do leite organizada pola APLTA da @usc.gal no marco dun contrato coa Deputación de Lugo.

www.usc.gal/gl/xornal/no...

@xuvenciencia.bsky.socialSep 21, 2026, 11:12 AMReposted by @campusterrausc.bsky.social

Hoxe é o Día Internacional do Alzhéimer e desde Ciencia á Feira presentamos a fronte multidisciplinar contra esta demencia que funciona dese o @campusterrausc.bsky.social da @usc.gal. Agradecidas a AFALU Lugo pola súa xenerosidade.

@campusterrausc.bsky.socialSep 21, 2026, 2:58 PM

🔬🌛 Este venres tes unha cita coa ciencia no centro de Lugo!

O día 25, entre as 18.00 e as 22.00 horas, terá lugar no soto da Praza de Abastos un novo evento de divulgación científica que non te podes perder: a iTERRA Night 2026.

www.usc.gal/gl/xornal/no...

@campusterrausc.bsky.socialSep 21, 2026, 9:11 AM

🧠🔬 Con motivo da conmemoración do Día Internacional do Alzhéimer, o proxecto de divulgación científica Ciencia á Feira estreará hoxe ‘Alzhéimer: coñecer para previr e acompañar’, a primeira produción da cuarta edición desta iniciativa de @xuvenciencia.bsky.social

👉 www.usc.gal/gl/xornal/ev...

@campusterrausc.bsky.socialSep 18, 2026, 9:06 AM

🦋🔬 Así vivimos a inauguración da Mostra 'Wallace e a orixe das especies'. O MIHL abriu onte as súas portas ao público para achegar á cidadanía un espazo único que combina rigor científico e divulgación accesible que se poderá visitar, de balde, ata o 31 de xaneiro do ano que vén

@xuvenciencia.bsky.socialSep 17, 2026, 6:28 PMReposted by @campusterrausc.bsky.social

O luns 21 é o #DíaInternacionaldoAlzhéimer e presentamos novo vídeo de Ciencia á Feira. Nas redes e nun acto aberto ao público na Casa do Saber da USC en Lugo, ás 16.30 horas. Moi ben acompañadas pola boa xente de #AFALU.
@usc.gal
@campusterrausc.bsky.social

@campusterrausc.bsky.socialSep 17, 2026, 9:15 AM

🦋🔬 Hoxe, ás 19:50 horas, será formalmente inaugurada no Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL) a Mostra 'Wallace e a orixe das especies', unha exposición organizada polo Campus Terra da @usc.gal

Tes toda a información do programa en www.expowallaceusc.com

@campusterrausc.bsky.socialSep 16, 2026, 2:59 PM

🤝🌱 A reitora da @usc.gal , Rosa Crujeiras, e a presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, asinaron hoxe dous novos convenios polos que a institución lucense aportará 370.500 euros ao noso campus

www.usc.gal/gl/xornal/no...

Older posts
Terms of UsePrivacy PolicyCommunity StandardsHelpGet the app

Grilled Cheese is a product of Village Compute

Version devBuilt at: 2026-10-12 02:39:10 EDT