Grilled Cheese

ExploreLog inSign up

⚡ Instituto Galego de Física de Altas Enerxías ⚛️

@igfae.gal

126 Following302 Followers

🤝 Centro mixto da @usc.gal e Xunta de Galicia.

🏅 Unidade de Excelencia María de Maeztu e membro da #RedeCIGUS #FondosEuropeos

Tamén en:
🔗 https://www.instagram.com/igfae_hep/
🔗 https://www.youtube.com/igfae
🔗 https://www.linkedin.com/company/igfae

PostsRepliesMedia
@gciencia.bsky.socialOct 6, 2026, 2:06 PMReposted by @igfae.gal

Sabías que o Nobel de Física 2026 ten un vínculo con Galicia? Estas son as claves da relación de Francis Halzen con Santiago e o @igfae.gal.

@igfae.galOct 6, 2026, 2:04 PM

🎖️O Nobel de Física 2026 tocounos moi preto!

📡 Francis Halzen mantén unha estreita colaboración desde hai case 40 anos co persoal do IGFAE e preside o Comité Científico Asesor do Instituto.

ℹ️ Aquí tes máis detalles: igfae.usc.es/igfae/franci...

👏 Parabéns, Francis!

@usc.gal

@igfae.galOct 2, 2026, 9:32 AM

📍O noso compañeiro Aarón Alejo foi un dos anfitrións da visita de Anne L'Huillier, premio Nobel de Física 2023, ao Laboratorio Láser de Aceleración e Aplicacións (L2A2) da @usc.gal ⚡

@igfae.galSep 30, 2026, 2:22 PM

👋Hoxe despedimos setembro e tamén despedimos ao noso fantástico grupo de bolseiros de verán 🌞 ⚛️ David, Juan Esteban, Diego, Brais e Carlos chegaron o día 1 de setembro (foto 1). E este mércores, volvemos retratalos no seu último día (foto 2). 🤗 Un pracer recibirvos, e moita sorte no que veña! 🍀

@igfae.galSep 28, 2026, 2:43 PM

👨‍🎓 Esta semana comezou cun novo doutor do IGFAE! 🗣️ Carlos J. Barbero Pretel defendeu este 28 de setembro a súa tese, "Measurement of \chi_{c} production in OO collisions at \sqrt{s_{NN}} = 5.36 TeV with @lhcbexperiment and tracking performance studies for the LHCb Upgrade II". 👏 Parabéns, Carlos!

@gciencia.bsky.socialSep 18, 2026, 7:37 AMReposted by @igfae.gal

ENTREVISTA | O cosmólogo Antón Baleato regresa a Galicia tras anos investigando fóra. Faino grazas a unha axuda europea de dous millóns de euros e á súa incorporación ao @igfae.gal. Falamos con el.

@igfae.galSep 7, 2026, 10:57 AM

👨‍🎓 Comezamos o curso cun novo doutor no IGFAE! 🗣️Víctor López Pardo presentou o seu traballo "Bound States of Heavy Quarks in a Quark Gluon Plasma as an Open Quantum System", supervisado por Néstor Armesto, Elena González Ferreiro e Miguel Ángel Escobedo. 👏 Parabéns, Víctor!

@igfae.galSep 4, 2026, 12:31 PM

Esta é a programación do Escenario "Ondas e Partículas" do #Revenidas2026, na primeira parada do CERN Festival Programme en Galicia! 🤩

Do 10 ao 13 de setembro en Vilaxoán, catro días de charlas e talleres para aprender e desfrutar durante o festival!

@igfae.galSep 3, 2026, 1:30 PM

🌌 O cosmólogo coruñés desenvolverá o proxecto ACCELENS, para indagar por que a expansión do universo se está a acelerar.

📍Grazas á concesión desta bolsa, regresa a Galicia logo de desenvolver toda a súa carreira investigadora nos Estados Unidos e o Reino Unido.

igfae.usc.es/igfae/anton-...

@gciencia.bsky.socialSep 3, 2026, 10:18 AMReposted by @igfae.gal

O cosmólogo coruñés Antón Baleato incorpórase ao @igfae.gal para desenvolver o proxecto ACCELENS, que analizará datos procedentes do fondo cósmico de microondas e a distribución das galaxias.

Terms of UsePrivacy PolicyCommunity StandardsHelpGet the app

Grilled Cheese is a product of Village Compute

Version devBuilt at: 2026-10-11 02:37:10 EDT