Grilled Cheese

ExploreLog inSign up

Concello de Arteixo

@arteixooficial.bsky.social

1 Following71 Followers

Conta oficial do Concello de Arteixo

PostsRepliesMedia
@arteixooficial.bsky.socialOct 9, 2026, 9:10 AM

🗳️ Consulta do censo electoral en Arteixo 📅 Do 12 ao 19 de outubro 🕘 9:00-14:00 h, de luns a venres 📍 Concello de Arteixo 🪪 Leva o documento de identidade orixinal. Eleccións: 29 de novembro.

@arteixooficial.bsky.socialOct 9, 2026, 6:43 AM

🏆📸 Xa temos as fotos gañadoras do Calendario de Arteixo 2027!
🥇 Filippo Giraldi
🥈 Alejandro Couto Nicolau
🥉 Mónica Rial Dosil
💙 12 fotos para retratar os nosos #LugaresDeEncontro
+info👉 arteixo.org/unha-posta-d...

@arteixooficial.bsky.socialOct 9, 2026, 6:38 AM

Bo día Arteixo, por fin venres 😎Di MeteoGalicia que temos por diante un día de ceos azuis ☀️e temperaturas frescas nas primeiras horas 🌡️Os termómetros oscilan entre os 12ºC e os 20ºC ☀️Será moi similar a xornada de mañá sábado

@arteixooficial.bsky.socialOct 8, 2026, 6:31 AM

Bo día Arteixo, xoves tras a tormenta e parece que se recupera a estabilidade meteorolóxica 🌤️De momento mandan as nubes e algún claro máis xa pola tarde ☀️Mellorará máis mañá venres e de cara á fin de semana 🌡️Temperaturas estbles que hoxe chegarán aos 19ºC

@udc-senior.bsky.socialOct 6, 2026, 7:28 AMReposted by @arteixooficial.bsky.social

Onte pola tarde tivo lugar o acto de inauguración e inicio da actividade académica na 5ª ed. do Programa de Democratización do Coñecemento en #Arteixo, coa colaboración do Concello de Arteixo @arteixooficial.bsky.social e maila financiación da Xunta de Galicia.

@arteixooficial.bsky.socialOct 6, 2026, 8:05 AM

🏆📸 Entregamos os premios do Calendario de Arteixo 2027! 📅 8 de outubro 🕗 20:00 h 📍 Centro Mar de Sorrizo 🎞️ Ás 19:00 h, proxectarase o documental Mary Quintero, máis de 90 anos de creatividade

@arteixooficial.bsky.socialOct 6, 2026, 6:16 AM

Bo día Arteixo, as tormentas poderían protagonizar esta xornada de martes de outubro ⛈️A predicción indica que poderían se producir a calquera hora do día e que serán máis probables pola tarde 🌡️As temperaturas oscilarán entre os 15ºC e os 21ºC

@arteixooficial.bsky.socialOct 5, 2026, 11:07 AM

⚠️AVISO IMPORTANTE!!! 💧Corte de auga por avería 📍Rúa Zapateira - Uxes 👷‍♀️Reparación en marcha ⏰Os traballos está previsto que duren 1 hora aproximadamente 🙏Pedimos desculpas polas molestias e agradecemos a vosa paciencia mentres levamos a cabo estas reparacións

@arteixooficial.bsky.socialOct 5, 2026, 10:36 AM

🎩 25 anos de lembranzas! 🏘️ A Feira Histórica Arteixo 1900 celebra a súa XXV edición 📅 16, 17 e 18 de outubro ✨ Un aniversario con sorpresas que iremos desvelando.

@udc-senior.bsky.socialOct 2, 2026, 9:41 AMReposted by @arteixooficial.bsky.social

O vindeiro luns, 5 de outubro, arranca a 5ª ed. do Programa de Democratización do Coñecemento en #Arteixo con preto de 60 participantes.
Ás 17:00, o acto de inauguración e logo, á primeira das sesións. As sesións serán desenvolvidas no Centro Arteixo Innovación de @arteixooficial.bsky.social

@arteixooficial.bsky.socialOct 5, 2026, 6:24 AM

Bo día Arteixo, primeira semana completa do mes de outubro con festivo no medio se traballas en A Coruña ;) MeteoGalicia anuncia un luns entre nubes e claros 🌥️de momento sen chuvias 🌂e temperaturas en ascenso 🌡️A máxima prevista é de 24ºC

@arteixooficial.bsky.socialOct 2, 2026, 6:21 AM

Bo día Arteixo, por fin venres 😎Según a predicción de MeteoGalicia será un día de ceos prácticamente despexados e sen chuvias 🌤️Será similar mañá sábado 🌡️Suben as temperaturas que sitúanse entre os 13ºC e os 23ºC

@arteixooficial.bsky.socialOct 1, 2026, 9:12 AM

🎬Primeira proxección do ciclo de documentais incluido no Outono das Artes 🕗Ás 20.00 h na📍Capela do Balneario 🎥«Saber Galiza»➡ un documental de Nós Televisión e o Seminario de Estudos Galegos. 🎟️Entrada libre ata completar aforo

@arteixooficial.bsky.socialOct 1, 2026, 6:20 AM

Bo día Arteixo, chega outubro con sol 😎e certa estabilidade meteorolóxica ata o sábado. A predicción fala hoxe de ceos despexados e temperaturas estables 🌡️Os termómetros oscilan entre os 12ºC e os 20ºC

@arteixooficial.bsky.socialSep 30, 2026, 6:24 AM

Bo día Arteixo, metade de semana e o tempo parece mellorar lixeiramente 🌦️A predicción indica que as chuvias irán a menos co avance das horas e desaparecen os avisos por vento e precipitacións da xornada de onte 🌡️Temperaturas en lixeiro descenso entre os 13ºC e os 22ºC

@arteixooficial.bsky.socialSep 29, 2026, 6:17 PM

⚠️Rotura dunha tubería da rede de auga 📌Afectada a zona do Alto de Arteixo 👷‍♂️Os operarios municipais de SUMARTE traballan para reparar o problema e restablecer o servizo o antes posible. 👷‍♂️Esperan que quede solucionado ao longo das próximas horas 🙏Desculpen as molestias

@arteixooficial.bsky.socialSep 29, 2026, 11:06 AM

🌳O vento derruba unha árbore en Monteagudo. 🚒 Protección Civil de Arteixo está a traballar neste momento para retirala. Hai outras incidencias en lugares como Loureda ⚠️ Aviso amarelo por vento 🌬️ ➡️ Refachos de ata 80 km/h 🌧️ Aviso amarelo por choiva

@arteixooficial.bsky.socialSep 29, 2026, 6:27 AM

Bo día Arteixo, vai finalizando setembro e segue a inestabilidade 🌧️MeteoGalicia anuncia un día de ceos cubertos e precipitacións ☔que serán máis intensas na segunda metade da xornada 🌡️Temperaturas entre os 17ºC e os 23ºC

@arteixooficial.bsky.socialSep 28, 2026, 6:27 AM

Bo día Arteixo, seguimos co cambio de tempo neste último luns de setembro 🌦️Anuncia MeteoGalicia unha xornada con chuvias que poderán producirse en calquera momento do día 🌡️Temperaturas agradables entre os 17ºC e os 23ºC

@arteixooficial.bsky.socialSep 25, 2026, 6:05 AM

Bo día Arteixo, por fin venres 😎 Seguimos con ceos azuis e temperaturas agradables aínda que xa comezan a baixar lixeiramente☔MeteoGalicia anuncia chuvias para o domingo🌡️As temperaturas hoxe, entre os 14ºC e os 21ºC

Older posts
Terms of UsePrivacy PolicyCommunity StandardsHelpGet the app

Grilled Cheese is a product of Village Compute

Version devBuilt at: 2026-10-11 02:37:10 EDT