FIN DA XEIRA🧵
Até aquí os 20 paradoxos. Cal foi o máis sorprendente? Cal se bota de menos?
Podedes descargar gratuitamente todos os paneis nun único PDF:

FIN DA XEIRA🧵
Até aquí os 20 paradoxos. Cal foi o máis sorprendente? Cal se bota de menos?
Podedes descargar gratuitamente todos os paneis nun único PDF:
20/20 — A TROMPETA DE TORRICELLI
Unha trompeta infinitamente longa.
O seu volume é finito: π unidades cúbicas.
Pero a súa superficie é infinita⁉️
Poderiamos enchela de pintura, pero non teriamos pintura suficiente para pintala? 👇
19/20 — UN PARADOXO NO QUIJOTE
Nunha ponte, quen diga a verdade pode pasar e quen minta será aforcado.
Un viaxeiro declara: «Veño para morrer nesta forca».
Se o aforcan, dicía a verdade. Se o deixan pasar, mentía⁉️
Que deben facer os xuíces? 👇
18/20 — OS NÚMEROS INTERESANTES
Supoñamos que existen números aburridos.
Entón debe haber un número aburrido máis pequeno ca todos os demais.
Pero iso xa o converte nun número especial e, polo tanto, interesante⁉️
Conclusión: non existen números aburridos? 👇
17/20 — O PARADOXO DO TRUELO
Tres tiradores enfróntanse. Un deles é claramente o peor.
Que debería facer cando lle toca disparar?
Sorprendentemente, a súa mellor opción pode ser fallar deliberadamente⁉️
Ás veces, non acertar é a estratexia gañadora. 👇
16/20 — O DÍA DA SEMANA INESPERADO
Anúnciase un exercicio sorpresa para algún día da semana.
Razoando cara atrás, parece posible demostrar que non pode celebrarse ningún día⁉️
Pero celébrase... e colle a todo o mundo por sorpresa. 👇
15/20 — O PARADOXO DO CORVO
«Todos os corvos son negros» equivale loxicamente a «todo o que non é negro non é un corvo».
Entón, observar unha vaca lila confirma que todos os corvos son negros⁉️
Formalmente pode axudar. Pero moi, moi pouco. 👇
13/20 — O PARADOXO DE SIMPSON
Un xogador obtén mellor porcentaxe ca outro na primeira metade.
Tamén na segunda.
Pero no total do partido... resulta peor⁉️
Ao combinar os datos, unha tendencia pode inverterse por completo. 👇
12/20 — O PARADOXO DE SAN PETERSBURGO
Un xogo ofrece un premio esperado infinito.
Compensaría pagar calquera cantidade por participar...
Pero case ninguén entregaría todos os seus aforros⁉️
Canto vale realmente unha oportunidade? 👇
11/20 — O PARADOXO DE PROTÁGORAS
Un alumno promete pagar as clases cando gañe o seu primeiro xuízo.
O profesor denúnciao por non pagar.
Gañe quen gañe o proceso, os dous poden argumentar que a sentenza lles dá a razón⁉️
Debe pagar o alumno? 👇
10/20 — O PARADOXO DE LITTLEWOOD
Introducimos bólas nunha caixa e retiramos algunhas, repetindo o proceso infinitamente.
En cada instante hai máis bólas ca antes.
Porén, ao rematar... a caixa pode quedar baleira⁉️
O infinito volve alterar as regras. 👇
9/20 — O PARADOXO DE GRELLING E NELSON
Unha palabra é «heterolóxica» cando non se describe a si mesma.
Pero... a palabra «heterolóxica» descríbese a si mesma⁉️
Respondas o que respondas, acabarás afirmando o contrario. 👇
8/20 — O PARADOXO DE GALILEO
Os cadrados perfectos son só unha parte dos números naturais:
1, 4, 9, 16...
Porén, podemos emparellar cada natural cun cadrado sen que sobre ningún⁉️
Pode unha parte ter o mesmo tamaño ca o todo? No infinito, si. 👇
7/20 — O PARADOXO DE ELLSBERG
Preferimos un risco coñecido antes ca unha incerteza, mesmo cando as nosas eleccións acaban contradicíndose⁉️
Non valoramos igual «non sei que ocorrerá» e «nin sequera sei con que probabilidade». 👇
6/20 — O PARADOXO DE CONDORCET
A maioría prefire A antes ca B.
Tamén B antes ca C.
Pero esa mesma maioría prefire C antes ca A⁉️
As persoas poden ter preferencias coherentes e producir, colectivamente, un ciclo imposible. 👇
5/20 — O PARADOXO DE BERTRAND
Escollemos unha corda ao azar nunha circunferencia.
Cal é a probabilidade de que sexa máis longa ca o lado dun triángulo inscrito?
Pode ser 1/4, 1/3 ou 1/2⁉️
Tres respostas correctas para unha mesma pregunta? 👇
4/20 — O PARADOXO DE ALLAIS
Que prefires: premio seguro ou lotería cun premio maior?
A nosa resposta cambia dun xeito difícil de conciliar coa teoría matemática da decisión⁉️
Ás veces, unha certeza pesa máis ca todos os cálculos👇
3/20 — O FENÓMENO WILL ROGERS
Unha persoa cambia dun grupo a outro.
Sorprendentemente, a media dos dous grupos aumenta.
Ninguén mellorou e, con todo, melloraron as dúas estatísticas⁉️
A clave está en quen se move. 👇
2/20 — A FALACIA DA ACUSACIÓN
Unha proba aparece no 2 % das persoas inocentes.
Se a atopan nun sospeitoso, significa que hai un 98 % de posibilidades de que sexa culpable⁉️
Non. Confundir probabilidades pode enviar unha persoa inocente ao cárcere. 👇
1/20 - O CONXUNTO DE CANTOR
Eliminamos un terzo dun segmento.
Despois outro terzo. E outro. E outro... até retirar practicamente todo.
Ao final queda un conxunto de lonxitude cero, pero con infinitos puntos.
Como é posible⁉️