Grilled Cheese

ExploreLog inSign up
Terms of UsePrivacy PolicyCommunity StandardsHelpGet the app

Grilled Cheese is a product of Village Compute

Version devBuilt at: 2026-10-11 02:37:10 EDT

Explore

PostsPeople
LatestRanked
@laiovento.bsky.socialOct 11, 2026, 7:03 PM

Dolores Vilavedra, presidenta do @consellocultura.bsky.social, escribe en @vozdegalicia.bsky.social sobre o labor cultural de X.M. Beiras, destacando a súa participación na fundación de #Laiovento: "a militancia cultural como unha ferramenta de intervención social e de articulación colectiva"

@laiovento.bsky.socialOct 9, 2026, 8:24 AM

Beiras foi unha figura central do proxecto de #Laiovento, desenvolvendo todo tipo de tarefas. Porén, co seu humor retranqueiro, el definía o seu papel dentro da editora como "argallante". E cantas cousas non argallou! Desde onte invádenos unha sensación de ausencia, mais o seu exemplo segue connosco

@laiovento.bsky.socialOct 8, 2026, 8:16 AM

As persoas que facemos parte de #Laiovento estamos desde hoxe máis orfas. Deixounos o #Beiras, un dos alicerces da nosa editora, que contribuíu a fundar en 1990. Como editor, autor ou tradutor X.M. Beiras deuno todo por Laiovento, que el concibía no marco da construción nacional de Galiza

@laiovento.bsky.socialOct 5, 2026, 7:06 AM

Lembramos a André Malraux no cincuenta cabodano do seu pasamento. Publicamos en galego a súa novela A CONDICIÓN HUMANA, en tradución de @orianamendez.bsky.social. No web de #Laiovento podedes ver os detalles deste libro e tamén comezar a ler as primeiras páxinas

laiovento.gal/CATALOGO/143...

@laiovento.bsky.socialSep 30, 2026, 4:36 PM

Na páxina web de #Laiovento podedes ver os detalles do libro de Octave Mirbeau DIARIO DUNHA CAMAREIRA, en tradución de Emma Lazaré. Tamén podedes comezar a ler as primeiras páxinas

laiovento.gal/CATALOGO/143...

@laiovento.bsky.socialSep 30, 2026, 7:29 AM

O xoves 1 de outubro Antom Garcia Rodrigues presentará o seu libro ESPAÇOS AFETIVOS DA GALIZA NA LISBOA ATUAL, publicado por #Laiovento na colección 'Vento do Sul', no marco do espazo OZOCOgz do Carballiño, ás 20:00h. Velaí o anuncio cos detalles

@laiovento.bsky.socialSep 29, 2026, 5:40 AM

Hoxe 29 de setembro acudimos ao @consellocultura.bsky.social para participar na homenaxe a F.X. Redondo Abal, acto no se se presenta o seu libro UN DEMÓCRATA FRONTE Á BARBARIE FASCISTA, publicado por #Laiovento. Unha homenaxe organizada pola Fundación Luís Tilve, ás 18:30h.

@laiovento.bsky.socialSep 28, 2026, 2:54 PM

O mércores 30 de setembro Antom Garcia Rodrigues presentará o seu libro ESPAÇOS AFETIVOS DA GALIZA NA LISBOA ATUAL, publicado por #Laiovento na colección 'Vento do Sul', no marco da @libpedreira.bsky.social de Santiago, ás 19:30h. Velaí o anuncio cos detalles

@laiovento.bsky.socialSep 26, 2026, 9:45 AM

O martes 29 de setembro, ás 18:30h, acudimos ao @consellocultura.bsky.social a un acto moi especial: unha homenaxe a Francisco Xavier Redondo Abal, que infelizmente nos deixou hai uns meses. Neste acto presentarase o seu libro UN DEMÓCRATA FRONTE Á BARBARIE FASCISTA, publicado por #Laiovento

@laiovento.bsky.socialSep 24, 2026, 5:41 PM

No web de #Laiovento podedes ver os detalles da tradución da obra de William Shakespeare RICARDO II. Tamén podedes comezar a ler a introdución que o tradutor Miguel Pérez Romero escribiu para a tradución desta obra ao galego

laiovento.gal/CATALOGO/143...

@laiovento.bsky.socialSep 23, 2026, 10:35 AM

O venres 25 de setembro Antom Garcia Rodrigues presentará o seu libro ESPAÇOS AFETIVOS DA GALIZA NA LISBOA ATUAL, publicado por #Laiovento na colección 'Vento do Sul', no marco da Casa da Cultura da Pobra do Brollón, ás 20:30h.

@laiovento.bsky.socialSep 23, 2026, 8:07 AM

O venres 25 de setembro Manuel Monge presentará o seu libro USTED DEBERÍA SABER. LA HISTORIA SECUESTRADA DE LA MONARQUIA. 90 AÑOS CON FRANCO, publicado por #Laiovento na colección 'Endovelia', na biblioteca municipal do Concello das Pontes, ás 20:00h.

@laiovento.bsky.socialSep 21, 2026, 7:31 AM

No #FarodaCultura da semana pasada Lucía Seoane escribiu sobre o libro de Antom García Rodrigues ESPAÇOS AFETIVOS DA GALIZA NA LISBOA ATUAL, publicado por #Laiovento na colección 'Vento do Sul'

Lembrade que este libro preséntase hoxe na @acalexandreboveda.bsky.social da Coruña ás 20h.

@laiovento.bsky.socialSep 18, 2026, 6:59 AM

A tradución centra as últimas novidades de #Laiovento. Xa podemos ler en galego a André Malraux, Octave Mirbeau e tamén o Ricardo II de Shakespeare... será por lecturas!

@laiovento.bsky.socialSep 17, 2026, 6:52 AM

Na segunda-feira, 21 de setembro, Antom Garcia Rodrigues vai apresentar o seu livro ESPAÇOS AFETIVOS DA GALIZA NA LISBOA ATUAL, publicado por #Laiovento na coleção 'Vento do Sul', na @acalexandreboveda.bsky.social da Corunha, às 20h. Aqui está a ligação para o evento, onde também podem inscrever-se

@laiovento.bsky.socialSep 14, 2026, 9:52 AM

No último número do #SermosGaliza fixéronse eco da publicación da novela de André Malraux A CONDICIÓN HUMANA, publicada por #Laiovento en tradución de @orianamendez.bsky.social

@laiovento.bsky.socialSep 13, 2026, 10:33 AM

Publicamos a novela de André Malraux A CONDICIÓN HUMANA (orixinal de 1933), tradución de @orianamendez.bsky.social. A novela sitúase no Xangai convulso de 1927. Unha obra de tensión moral e política que ilumina, con lucidez e vertixe, o fráxil equilibrio da experiencia humana #tradución #Laiovento

@laiovento.bsky.socialSep 11, 2026, 7:02 AM

O vindeiro 3 de outubro terá lugar, no Museo do Pobo Galego, a V Jornada de Estudo que organiza o Instituto @claracorbelhe.bsky.social, unha actividade na que tamén participa #Laiovento. Deixámosvos a ligazón cos contidos da actividade e a inscrición

@laiovento.bsky.socialSep 10, 2026, 7:43 AM

Queredes saber das coitas de Celestine, camareira ao servizo de madame Lanlaire? Pois tedes que ler a novela de Octave Mirbeau DIARIO DUNHA CAMAREIRA, unha obra de 1900 que agora vén de publicar #Laiovento en tradución de Emma Lázare

@laiovento.bsky.socialSep 9, 2026, 4:45 PM

Shakespeare ponnos nunha disxuntiva: o rei Ricardo, lexítimo pero inxusto ou seu curmán Henrique, usurpador pero con boas intencións. O dramaturgo inglés realizou un retrato profundamente humano do rei RICARDO II, que agora podedes ler en galego grazas á tradución de Miguel Pérez Romero #Laiovento

Load more