Grilled Cheese

ExploreLog inSign up
Terms of UsePrivacy PolicyCommunity StandardsHelpGet the app

Grilled Cheese is a product of Village Compute

Version devBuilt at: 2026-10-12 04:31:30 EDT

Explore

PostsPeople
LatestRanked
@compaseregra.bsky.socialOct 11, 2026, 7:08 PM

6/20 — TRIÁNGULO DE KANIZSA

🔺 Ves un triángulo branco?

Os seus lados non están debuxados e o interior ten a mesma cor ca o fondo. O cerebro completa os contornos ausentes e constrúe unha figura que non existe na imaxe.

A mente tamén debuxa 👁️

#IlusiónsÓpticas #Divulgación

@compaseregra.bsky.socialOct 8, 2026, 7:14 PM

5/20 — ILUSIÓN DE MUNKER

💀💀 As dúas caveiras parecen ter cores diferentes, pero conteñen exactamente o mesmo ton de vermello.

As franxas que as atravesan modifican a cor que percibimos. O contexto manda máis do que pensamos 👁️

#IlusiónsÓpticas #Divulgación

@compaseregra.bsky.socialOct 7, 2026, 7:26 PM

4/20 — ANEIS CONCÉNTRICOS

〰️ Parecen ondulados e irregulares, verdade?

Pois os dous aneis son circunferencias perfectas e concéntricas. Os pequenos contrastes dos seus contornos enganan a percepción da curvatura.

Non sempre vemos a xeometría que existe. 👁️

#IlusiónsÓpticas #Divulgación

@compaseregra.bsky.socialOct 6, 2026, 7:07 PM

3/20 — MIND YOUR STEP

⚠️ Atréveste a cruzar esta praza?

Non existe ningún precipicio: é unha fotografía colocada sobre o pavimento e deformada para parecer tridimensional dende un punto concreto.

Unha anamorfose a grande escala 👁️

#IlusiónsÓpticas #Divulgación

@compaseregra.bsky.socialOct 5, 2026, 7:03 PM

2/20 — OS EMBAIXADORES

💀 Que fai esa estraña mancha aos pés dos personaxes?

Hans Holbein ocultou unha caveira deformada no cadro. Só aparece ao observala lateralmente: unha mensaxe sobre a fugacidade da vida.

Conseguiches vela? 👁️

#IlusiónsÓpticas #Divulgación

@compaseregra.bsky.socialOct 4, 2026, 7:19 PM

1/20 — JUMPING DOLPHIN

🐬 Parece que este golfiño está a saltar fóra do papel, pero toda a escena é plana.

O segredo está na anamorfose: unha imaxe deformada que só cobra sentido desde o punto de vista axeitado.

Que ve o teu cerebro? 👁️

#IlusiónsÓpticas #Divulgación

@compaseregra.bsky.socialOct 4, 2026, 7:18 PM

👁️ Podemos confiar sempre no que vemos?

Abro un fío con 20 ilusións ópticas que poñerán a proba a túa percepción.

Haberá movementos que non existen, cores que enganan e obxectos imposibles.

Unha ilusión en cada publicación, unha ilusión cada día. Comezamos! 🧵

#IlusiónsÓpticas #Divulgación