Grilled Cheese

ExploreLog inSign up
Terms of UsePrivacy PolicyCommunity StandardsHelpGet the app

Grilled Cheese is a product of Village Compute

Version devBuilt at: 2026-10-11 02:37:10 EDT

Explore

PostsPeople
LatestRanked
@ciferrol.bsky.socialOct 10, 2026, 1:48 PM

#CIFaoDía (2/2) Conmemoráronse os 25 anos da 1a promoción de titulados/as en Podoloxía (1998 – 2001) e os 26 anos de traxectoria da Clínica Universitaria de Podoloxía. Todo isto, baixo o lema “25 anos de vocación, docencia e servizo á sociedade” e no marco do XII Outubro UDC Saudable @udc.gal

@ciferrol.bsky.socialOct 10, 2026, 1:48 PM

#CIFaoDía (1/2) O Salón de Actos do Hospital Naval de Ferrol foi o lugar elixido pola Facultade de Enfermaría e Podoloxía da Universidade da Coruña (UDC) para acoller, este venres 9/OUTUBRO, o actos do Día Internacional da Podoloxía @udc.gal

@ciferrol.bsky.socialOct 9, 2026, 9:43 AM

#CIFaoDía (2/2) Deste hoxe, venres 9, e ata o domingo 11/OUTUBRO, o público asistente ao evento poderá visualizar os trailers e probar as demos destes tres proxectos nados como Traballo Fin de Máster (TFM) no stand da Universidade da Coruña (UDC) @udc.gal

@ciferrol.bsky.socialOct 9, 2026, 9:43 AM

#CIFaoDía (1/2) O alumnado do máster en Deseño, Desenvolvemento e Comercialización de Videoxogos da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, presenta os xogos "Purgatory Hoops", "Néboa’s Hut" e "Splash on Contact" na primeira edición do SAGA Barcelona Game Fest en Fira Barcelona Montjuïc @udc.gal

@ciferrol.bsky.socialOct 6, 2026, 8:47 AM

#CIFaoDía (3/3) Farano baixo o lema “25 anos de vocación, docencia e servizo á sociedade” e no marco do XII Outubro UDC Saudable @udc.gal

@ciferrol.bsky.socialOct 6, 2026, 8:47 AM

#CIFaoDía (2/3) cun acto no que se celebrarán os 25 anos da primeira promoción de titulados e tituladas en Podoloxía (1998 – 2001) e os 26 anos de traxectoria da Clínica Universitaria de Podoloxía @udc.gal

@ciferrol.bsky.socialOct 6, 2026, 8:47 AM

#CIFaoDía (1/3) A Facultade de Enfermaría e Podoloxía da Universidade da Coruña (UDC) conmemora, este venres 9/OUTUBRO, de 12:00 a 14:00 horas, no Salón de Actos do Hospital Naval de Ferrol, o Día Internacional da Podoloxía #8OUTUBRO @udc.gal

@ciferrol.bsky.socialOct 5, 2026, 8:30 AM

#CIFaoDía (3/3) Toma o relevo da tamén profesora da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF), Ana Álvarez García, quen a codirixiu deste o seu nacemento en 2017 @udc.gal @navantiaoficial.bsky.social

@ciferrol.bsky.socialOct 5, 2026, 8:30 AM

#CIFaoDía (2/3) Exercerá esta función xunto con Rafael Morgade, responsable de Transformación Dixital e Industrial en Navantia Ría de Ferrol e codirector desde o curso 2025/26 @udc.gal @navantiaoficial.bsky.social

@ciferrol.bsky.socialOct 5, 2026, 8:30 AM

#CIFaoDía (1/3) A profesora da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF), Alicia Munín Doce, vén de ser nomeada codirectora da Cátedra Cosme Álvarez de los Ríos, impulsada pola Universidade da Coruña (UDC) e máis por Navantia @udc.gal @navantiaoficial.bsky.social

@ciferrol.bsky.socialOct 1, 2026, 4:30 PM

#CIFaoDía A vicerreitora do Campus de Ferrol, Igualdade e Responsabilidade Social, Ana Ares, visitou, este xoves 1/OUTUBRO, ao alumnado aloxado na Residencia Universitaria do Campus Industrial de Ferrol para darlle a benvida neste novo curso 2026/27 @udc.gal

@ciferrol.bsky.socialSep 29, 2026, 8:30 AM

#CIFaoDía (2/2) A intervención está impulsada pola Cátedra de Arqueoloxía e Educación Patrimonial, promovida pola UDC xunto co Concello de Ferrol, e conta co apoio económico da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, dependente da Consellaría de Cultura, Lingua e Xuventude @udc.gal

@ciferrol.bsky.socialSep 29, 2026, 8:30 AM

#CIFaoDía (1/2) O Castro de Esmelle acolle do 28/SETEMBRO ao 9/OUTUBRO unha quinta intervención arqueolóxica, a segunda no que vai de ano. Os traballos darán continuidade á campaña realizada durante o mes de xullo e centraranse no estudo dun edificio localizado na zona de acceso ao castro @udc.gal

@ciferrol.bsky.socialSep 28, 2026, 6:53 AM

#CIFaoDía Nova Conferencia da Cátedra Jorge Juan Universidade da Coruña + Armada, impartida polo catedrático de Ingeniería Hidráulica y vicerrector Investigación y Transferencia da UDC, Jerónimo Puertas @udc.gal
📅 Xoves 1/OUTUBRO 🕖 Ás 19:00 horas
📍 Sala Carlos III - Exponav

@ciferrol.bsky.socialSep 24, 2026, 7:29 AM

#CIFaoDía (2/2) No 2º semestre, achegaranse á construción sostible e a eficiencia enerxética na Universidade do Minho, e na UDC, no Campus Industrial de Ferrol, da man do profesorado da Escola Politécnica de Enxeñaría e da Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos @udc.gal

@ciferrol.bsky.socialSep 24, 2026, 7:29 AM

#CIFaoDía (1/2) A 1a promoción do Máster Erasmus Mundus RESCO inicia oficialmente os seus estudos. A Budapest University of Technology and Economics acolleu estes días o 1º encontro presencial entre o estudantado e representantes das universidades académicas que forman parte do consorcio @udc.gal

@ciferrol.bsky.socialSep 23, 2026, 12:25 PM

#CIFaoDía (2/2) Participaron a responsable de RRHH en ARMACON, Cristina Castro; a Experienced Senior en Deloitte, Andrea Vieites; a consultora laboral no Grupo Atlante, Rebeca Enríquez; a xestora de persoas en Leche Celta, Cynthia García, e os graduados en RRLL e RRH José Zar e Iván Montero @udc.gal

@ciferrol.bsky.socialSep 23, 2026, 12:25 PM

#CIFaoDía (1/2) Éxito de participación na xornada “Experiencias do estudantado egresado” organizado polo Plan de Acción Titorial (PAT) da Facultade de Ciencias do Traballo. A actividade estivo dirixida ao alumnado do primeiro curso do grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos @udc.gal

@ciferrol.bsky.socialSep 22, 2026, 11:18 AM

#CIFaoDía (2/2) Proceden de Alemaña, Arxentina, Cambodia, Corea do Sur, Italia, México, Países Baixos, Polonia, Romanía, Turquía e de Ucraína. Benvidos/as á Universidade da Coruña! @udc.gal

@ciferrol.bsky.socialSep 22, 2026, 11:18 AM

#CIFaoDía (1/2) A adxunta de Mobilidade e Convenios da Vicerreitoría de Titulacións e Internacionalización, Carmen Garcimartín, recibiu na Fac. de Humanidades e Documentación, aos primeiros 36 estudantes estranxeiros que se incorporan neste 1º cudrimestre ao Campus Industrial de Ferrol @udc.gal

Load more