Grilled Cheese

ExploreLog inSign up
Terms of UsePrivacy PolicyCommunity StandardsHelpGet the app

Grilled Cheese is a product of Village Compute

Version devBuilt at: 2026-10-11 19:07:23 EDT

Explore

PostsPeople
LatestRanked
@bibcoruna.bsky.socialOct 5, 2026, 6:04 PM

🍁📚 Xa podes consultar a nosa folla informativa de outubro na Biblioteca Castrillón. Nela atoparás todas as actividades que se retoman neste outono e unha selección das últimas novidades incorporadas. Se buscas a túa próxima lectura pásate pola biblioteca ✨
#bcastrillón #Novidades #bibcoruna

Octubre 2026: Biblioteca Castrillón — actividades infantiles por edades, clubes de lectura, préstamo electrónico y novedades.
@bibcoruna.bsky.socialOct 3, 2026, 10:02 AM

A Biblioteca do Fórum celebra o Samaín cunha pequena mostra centrada na fantasía, a natureza, o outono e os bosques máxicos.
#bforum #bibcoruna #samain #CicloTematicos #mostras #OEuFabulando

@bibcoruna.bsky.socialSep 30, 2026, 4:54 PM

Engadimos nova condición que afecta ás persoas inscritas no plan "activo" e o plan "de libro" do noso club virtual de lectura, o Ciberclub. Este ano van formar parte do noso Consello de Lectura! Únete a el en: forms.gle/mjUoeuGaLKVS...

#bibcoruna #clubslecturaBMC #lecturaciberclub #eusondesteclub

Novidade do Ciberclub: Consello de Lectura. Colabora no Club! Afecta aos plans de libro e activo.
Co plan activo ou de libro formo parte do Consello de Lectura do Ciberclub. Con cada lectura, asígnaseme un rol que me propón unha pequena tarefa no faladoiro, como relacionar o libro cunha nova de actualidade ou elixir a súa banda sonora.E ti, cal plan elixirías?
--Curioso: suscríbete ao blog ciberclublectura.wordpress.com!
--Activo: únete ao mailing contactando con ciberclublectura@gmail.com!
--De libro: faite co libro inscribíndote no noso listado oficial en coruna.gal/bibliotecas! (prazas limitadas)

❗Lembra que en calquera plan que elixas podes comentar as lecturas!
@bibcoruna.bsky.socialSep 30, 2026, 10:04 AM

Queres converterte en paleontóloga ou paleontólogo por un día?
O 3 de outubro, obradoiros infantís para descubrir fósiles, crear réplicas, resolver pistas e coñecer a historia da Terra. 
👧🧒 4–12 anos
🕛 12.00–14.00 h
📍 Biblioteca Fórum
🎟️ Acceso libre.

#Paleontoloxía #BibCoruna #BForum #Ciencia

@bibcoruna.bsky.socialSep 18, 2026, 10:20 AM

📚 #LunsDeEncontros
O luns 21 de setembro, ás 19.00 h, a Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano acolle a presentación de "La canción del hijo de la lluvia", de Jorge Rivadulla, publicado por Editorial Kaunan.

📍 Acceso libre ata completar a capacidade.

#bibcoruna #CulturaCoruña #Literatura #bforum