Grilled Cheese

ExploreLog inSign up
Terms of UsePrivacy PolicyCommunity StandardsHelpGet the app

Grilled Cheese is a product of Village Compute

Version devBuilt at: 2026-10-18 01:16:41 EDT

PhotosVideosAllPeople
LatestRanked
@compaseregra.bsky.socialOct 18, 2026, 7:14 PM

11/20 — DONGURAKOKKO

🌊 Esta alfombra de landras parece ondular, pero ningún elemento se move.

Os contrastes, as formas e a súa disposición producen falsos sinais de movemento, especialmente na visión periférica.

Mira cara a diferentes zonas 👁️

#IlusiónsÓpticas #Divulgación

Photo, no description
@compaseregra.bsky.socialOct 15, 2026, 7:01 PM

10/20 — EFECTO DE TROXLER

➕ Fixa a mirada na cruz negra durante uns 20 segundos, sen mover os ollos.

As manchas rosadas poden esvaecerse ata case desaparecer. Un pequeno movemento da mirada fará que regresen.

A visión tamén se adapta ao que non cambia 👁️

#IlusiónsÓpticas #Divulgación

Photo, no description
@compaseregra.bsky.socialOct 14, 2026, 7:05 PM

9/20 — ROTATING SNAKES

🐍 Os discos parecen xirar, pero a imaxe é completamente estática.

O movemento aparente é máis intenso na visión periférica. Fixa a mirada no centro dun disco: ese case se detén mentres os demais continúan xirando 👁️

#IlusiónsÓpticas #Divulgación

Photo, no description
@compaseregra.bsky.socialOct 13, 2026, 7:01 PM

8/20 — CROMOSTEREOPSE

🔴🔵 Que cor parece estar máis preto: a vermella ou a azul?

A maioría das persoas ve o vermello diante, outras perciben o contrario e algunhas non notan profundidade.

Os nosos ollos non refractan todas as cores igual 👁️

#IlusiónsÓpticas #Divulgación

Photo, no description
@compaseregra.bsky.socialOct 12, 2026, 7:03 PM

7/20 — CUBO DE NECKER

🧊 Que cara do cubo está diante?

O debuxo admite dúas interpretacións tridimensionais e a percepción salta espontaneamente dunha á outra.

Podemos escoller entre ambas, pero non velas simultaneamente.

Intenta manter só unha 👁️

#IlusiónsÓpticas #Divulgación

Photo, no description
@compaseregra.bsky.socialOct 11, 2026, 7:08 PM

6/20 — TRIÁNGULO DE KANIZSA

🔺 Ves un triángulo branco?

Os seus lados non están debuxados e o interior ten a mesma cor ca o fondo. O cerebro completa os contornos ausentes e constrúe unha figura que non existe na imaxe.

A mente tamén debuxa 👁️

#IlusiónsÓpticas #Divulgación

Photo, no description
@compaseregra.bsky.socialOct 8, 2026, 7:14 PM

5/20 — ILUSIÓN DE MUNKER

💀💀 As dúas caveiras parecen ter cores diferentes, pero conteñen exactamente o mesmo ton de vermello.

As franxas que as atravesan modifican a cor que percibimos. O contexto manda máis do que pensamos 👁️

#IlusiónsÓpticas #Divulgación

Photo, no description
@compaseregra.bsky.socialOct 7, 2026, 7:26 PM

4/20 — ANEIS CONCÉNTRICOS

〰️ Parecen ondulados e irregulares, verdade?

Pois os dous aneis son circunferencias perfectas e concéntricas. Os pequenos contrastes dos seus contornos enganan a percepción da curvatura.

Non sempre vemos a xeometría que existe. 👁️

#IlusiónsÓpticas #Divulgación

Photo, no description
@compaseregra.bsky.socialOct 6, 2026, 7:07 PM

3/20 — MIND YOUR STEP

⚠️ Atréveste a cruzar esta praza?

Non existe ningún precipicio: é unha fotografía colocada sobre o pavimento e deformada para parecer tridimensional dende un punto concreto.

Unha anamorfose a grande escala 👁️

#IlusiónsÓpticas #Divulgación

Photo, no description
@compaseregra.bsky.socialOct 5, 2026, 7:03 PM

2/20 — OS EMBAIXADORES

💀 Que fai esa estraña mancha aos pés dos personaxes?

Hans Holbein ocultou unha caveira deformada no cadro. Só aparece ao observala lateralmente: unha mensaxe sobre a fugacidade da vida.

Conseguiches vela? 👁️

#IlusiónsÓpticas #Divulgación

Photo, no description
@compaseregra.bsky.socialOct 4, 2026, 7:19 PM

1/20 — JUMPING DOLPHIN

🐬 Parece que este golfiño está a saltar fóra do papel, pero toda a escena é plana.

O segredo está na anamorfose: unha imaxe deformada que só cobra sentido desde o punto de vista axeitado.

Que ve o teu cerebro? 👁️

#IlusiónsÓpticas #Divulgación

Photo, no description
@compaseregra.bsky.socialOct 4, 2026, 7:18 PM

👁️ Podemos confiar sempre no que vemos?

Abro un fío con 20 ilusións ópticas que poñerán a proba a túa percepción.

Haberá movementos que non existen, cores que enganan e obxectos imposibles.

Unha ilusión en cada publicación, unha ilusión cada día. Comezamos! 🧵

#IlusiónsÓpticas #Divulgación

Photo, no description