Grilled Cheese

ExploreLog inSign up

ilingua-uvigo

@ilingua-uvigo.bsky.social

151 Following137 Followers

iLingua é un instituto de investigación da Universidade de Vigo, que reúne persoal investigador con intereses comúns en áreas de lingua e lingüística.

PostsRepliesMedia
@ilingua-uvigo.bsky.socialOct 9, 2026, 6:03 PM

Maribel del Pozo, xunto a Alev Bulut, presentou o volume "Gender and Linguistic Rights: Bridging Translation and Interpreting Studies, Gender Studies and Human Rights" no XII Congreso AIETI. Parabéns!

@ilingua-uvigo.bsky.socialOct 8, 2026, 6:02 PM

A pasada semana, Carla Míguez Bóveda presentou a súa comunicación "Lenguaje no binario en gallego" no XXII Encontro de morfólogos: Tecer morfoloxías: estudos contrastivos e diversidade lingüística. Noraboa Carla!

@ilingua-uvigo.bsky.socialOct 7, 2026, 6:01 PM

Non perdades mañá, 8 de outubro, a conferencia de José Manuel González Herrán "La Estrella de Sevilla, do corral de comedias á pantalla" no salón de graos da Facultade Filoloxía e Tradución. Organizado por Montserrat Ribao.

@ilingua-uvigo.bsky.socialOct 6, 2026, 6:02 PM

A pasada semana, o Grupo T&P celebrou o Día Internacional da Tradución dun xeito moi especial: presentaron oficialmente o seu novo videoxogo, creado por Iago Dosil Outes, para a web do ETIV. Parabéns!

buff.ly/SnLpEOk

@ilingua-uvigo.bsky.socialOct 5, 2026, 6:01 PM

O mércores 7 de outubro, no marco do ciclo Conversas en Redeiras: Universo Quixotas, Montserrat Ribao Pereira e José Montero Reguera, ofrecen o relatorio "As quixotas de Emilia Pardo Bazán: de La Tribuna a El cisne de Vilamorta".

@ilingua-uvigo.bsky.socialOct 2, 2026, 6:02 PM

A nosa secretaria, María Méndez (@mariaparrula.bsky.social), inaugurou o IV Congreso de Español como Lengua Extranjera en Asia-Pacífico (CELEAP), na Universiti Sains Malaysia, coa plenaria "Reflexiones sobre la glotofobia para profesorado de idiomas". Noraboa!

@ilingua-uvigo.bsky.socialOct 1, 2026, 6:02 PM

Xa está dispoñible o capítulo de José Yuste adicado á noción de PARATRADUCCIÓN no "Abécédaire critique du traduire" que recolle 65 entradas diferentes redactadas por 37 autores/as de prestixio internacional para sacudir as ideas preconcebidas e os prexuizos sobre a tradución.

buff.ly/1HsxeKs

@ilingua-uvigo.bsky.socialSep 30, 2026, 6:01 PM

Mañá dará comezo o XXII Encontro de morfólogos cunha homenaxe a Antón Rifón ás 18:00 no Edificio Redeiras. O venres terá lugar a xornada académica coas plenarias de Aida Villaécija Chavarría, María José Rodríguez Espiñeira e Francisco Xosé Dubert García.

Máis info: buff.ly/qkMm4B2

@ilingua-uvigo.bsky.socialSep 29, 2026, 6:01 PM

O próximo mes de novembro volve Linguamente2026, este ano o evento será totalmente online e gratuíto, organizado polo Instituto de Investigación Lingua e xa temos programa, podes consultalo en buff.ly/w1c90sp

@ilingua-uvigo.bsky.socialSep 28, 2026, 5:30 PM

Grazas ás moitísimas persoas que nos acompañaron o pasado sábado! Foi un día cheo de aprendizaxes e convivencia que estamos desexando repetir.

Faro de Vigo buff.ly/JXzudOh
El Español buff.ly/R36GA2M
Atlántico buff.ly/jwHZWPs

@ilingua-uvigo.bsky.socialSep 25, 2026, 6:01 PM

O sábado 26 vémonos no festival das linguas e as culturas. Non o perdas!
Larunbatean, hilaren 26an, hizkuntzen eta kulturen jaialdian elkartuko gara. Ez huts egin!
ملتقانا يوم السبت 26 في مهرجان اللغات والثقافات. لا تفوت الفرصة!

buff.ly/E0iMPhq

@ilingua-uvigo.bsky.socialSep 24, 2026, 6:00 PM

Onte tivo lugar a celebración de "Letras en feminino" coa participación de Ánxela Lema, Leyre Martín, Ane Irizar e Elisabet Sánchez. Tamén contamos co apoio da Vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, e da reitora, Carmen García Mateo. Moitísimas grazas a todas!

@ilingua-uvigo.bsky.socialSep 23, 2026, 5:30 PM

Mañá xornada dobre: - Pola mañá, diante do MARCO, exposición de pósteres e conferencia de Anna Doquin. - Pola tarde, na Casa Galega da Cultura, "Da idea ao libro: as mans invisibles". Con Paula Merlán, Ana Varela, Manuel Esteban, Tamará Andrés e as editoriais Catro Ventos, Galaxia e Malafera.

@ilingua-uvigo.bsky.socialSep 23, 2026, 8:26 AM

Hoxe ás 17:00, na sede de Vigo da Deputación de Pontevedra, reunimos investigadoras que traballan desde a perspectiva feminista interseccional e desde ámbitos moi distintos. Contaremos con Ánxela Lema París, Elisabet Sánchez Tocino, Leyre Martín Aizpuru e Ane Irizar Melero. Non o perdades!

@ilingua-uvigo.bsky.socialSep 22, 2026, 5:30 PM

O equipo da Semana LLT participou na rolda de prensa organizada polo Concello de Vigo da que hoxe fanse eco numeroso medios:

Faro de Vigo buff.ly/N2n8xaC
Cadena Ser buff.ly/MxQMsY4
Atlántico buff.ly/cWmca7x
El Español buff.ly/GN1BTkO
Telemariñas buff.ly/Bj0GH3u
A Movida buff.ly/3bPIbv4

@ilingua-uvigo.bsky.socialSep 21, 2026, 5:30 PM

Semana das linguas! Iniciados os cursos de euskera e lituano, o día 23 xornada "Letras en feminino", o 24 "III Xornada Investiga" e "Da idea ao libro: as mans invisibles", o 25 "III Xornada de formación para profes de idiomas" e o 26 "III Festival das linguas e as culturas"

buff.ly/YEp0pR3

@ilingua-uvigo.bsky.socialSep 18, 2026, 5:30 PM

O próximo 25 de setembro, Isabel Padrón (IPsiUS) impartirá o seminario formativo "Introdución ao rexistro da actividade electroencefalográfica (EEG) como técnica de investigación en psicolingüística" no Laboratorio de Linguaxe e Cognición.

@ilingua-uvigo.bsky.socialSep 17, 2026, 5:30 PM

O diario da UVigo faise eco da celebración do "XXI Encontro de morfólogos: Tecer morfoloxías: estudos contrastivos e diversidade lingüística" que terá lugar os próximos 1 e 2 de outubro en Redeiras. O evento estará dedicado ao profesor Antonio Rifón, falecido en 2022.

buff.ly/bpQj6QY

@ilingua-uvigo.bsky.socialSep 16, 2026, 5:30 PM

O pavillón central da Facultade de Filoloxía e Tradución da UVigo acollerá do 17 de setembro ao 17 de novembro a exposición "Señoras de Castilla. Reinas y damas medievales en la literatura peninsular", organizada e comisariada por Montserrat Ribao Pereira e Antonio Chas Aguión.

@ilingua-uvigo.bsky.socialSep 15, 2026, 5:30 PM

Aínda estás a tempo de inscribirte no curso "Introdución á lingua e á cultura lituanas" no que aprenderás lituano práctico e moitas curiosidades sobre o país e a súa cultura.

É un curso totalmente gratuito con prazas limitadas.

Máis info: buff.ly/2vCqRoK

Older posts
Terms of UsePrivacy PolicyCommunity StandardsHelpGet the app

Grilled Cheese is a product of Village Compute

Version devBuilt at: 2026-10-11 02:37:10 EDT