Grilled Cheese

ExploreLog inSign up

Concello da Coruña

@concellodacoruna.bsky.social

6 Following642 Followers

Perfil oficial do Concello da Coruña.

http://coruna.gal

PostsRepliesMedia
@concellodacoruna.bsky.socialOct 16, 2026, 2:06 PM

🎄 Trece establecementos de hostalería formarán parte do espazo gastronómico da Praza do Nadal

👉 A sexta caseta estará destinada, como o ano pasado, ás entidades sociais a través da área de Benestar Social

ℹ️ https://i.gal/N1Iqv

Photo, no description
@concellodacoruna.bsky.socialOct 16, 2026, 12:24 PM

📣 As liñas de autobús 3 e 7 pararán na rúa Juana de Vega recuperando a saída directa aos Cantóns

👉 O cambio supón que ambos buses compartirán parada coa liña 21

ℹ️ https://i.gal/OP8d2

Photo, no description
@concellodacoruna.bsky.socialOct 15, 2026, 6:28 PM

📸 A mostra ‘Encontros. Federico García-Cabezón. Retrospectiva 1968-2026’ reúne máis de 150 imaxes do fotógrafo coruñés

👉 A exposición abriuse ao público este xoves no Kiosco Alfonso

ℹ️ https://i.gal/pLGpA

Photo, no descriptionPhoto, no descriptionPhoto, no descriptionPhoto, no description
@concellodacoruna.bsky.socialOct 15, 2026, 3:32 PM

📣 O Concello licita as obras que permitirán completar a urbanización O Carón, na Zapateira

👉Permitirá poñer fin a unha urbanización que quedou inacabada e que agora poderá ser recibida polo Concello para facerse cargo da conservación e do mantemento

ℹ️ https://i.gal/OAHnI

Photo, no description
@concellodacoruna.bsky.socialOct 15, 2026, 2:07 PM

🎶 A Banda Municipal de Música da Coruña reforza a aposta polo talento galego e a colaboración co tecido cultural da cidade na súa nova tempada

👉 O ciclo inclúe oito concertos entre outubro e decembro con destacadas figuras musicais

ℹ️ https://i.gal/8nkvP

Photo, no description
@concellodacoruna.bsky.socialOct 15, 2026, 12:21 PM

📣 A Coruña presenta o proxecto Allocate fronte a unha delegación internacional de 14 entidades

👉 O Concello expuxo as utilidades prácticas deste programa de desenvolvemento tecnolóxico de financiamento europeo

ℹ️ https://i.gal/wmHda

Photo, no description
@concellodacoruna.bsky.socialOct 15, 2026, 9:30 AM

🦈 O Aquarium Finisterrae acolle tres novas sesións de ‘Durmindo con Tiburóns’

📆 A preinscrición abrirase este venres, 16 de outubro, ás 9.00 horas

ℹ️ https://i.gal/fRjvm

Photo, no description
@concellodacoruna.bsky.socialOct 15, 2026, 8:05 AM

📣 O Concello e o Ministerio de Defensa liquidan o convenio do Cuartel de Automóbiles de Agrela 

👉 O obxectivo  é urbanizala para albergar dependencias que faciliten a loxística do transporte urbano con vistas ao novo contrato

ℹ️ https://i.gal/BpQw5

Photo, no description
@concellodacoruna.bsky.socialOct 14, 2026, 6:00 PM

📣 O Concello deulle luz verde á ampliación horaria do servizo de conserxería nos edificios deportivos municipais

👉 O investimento será de 5.358.070,13 euros anuais, 81.386 euros máis do inicialmente previsto.

ℹ️ https://i.gal/BpQw5

Photo, no description
@concellodacoruna.bsky.socialOct 14, 2026, 4:30 PM

👩‍⚖️ O Concello acolle un tribunal de convivencia como parte da programación previa ao DATAfórum 2026

👉 Nenos e nenas de 6º de primaria participaron nunha vista xudicial simulada que tratou temas como o acoso ou o ciberacoso no entorno escolar

ℹ️ https://i.gal/lxU52

Photo, no descriptionPhoto, no descriptionPhoto, no descriptionPhoto, no description
@concellodacoruna.bsky.socialOct 14, 2026, 3:08 PM

📣 O Concello adxudicou o contrato para a segunda fase de reforma dos vestiarios da Cidade Deportiva da Torre, cun investimento de máis de 654.000 euros

👉 O proxecto permitirá sumar dous novos vestiarios para equipos coa reordenación dos espazos

ℹ️ https://i.gal/BpQw5

Photo, no description
@concellodacoruna.bsky.socialOct 14, 2026, 1:31 PM

📣 O Concello encárgalle a EMVSA a xestión da piscina municipal climatizada cuberta de San Amaro

👉 O investimento que se levará a cabo neste período de xestión estímase nuns 86.000 euros para 2026, 324.000 euros para 2027 e 198.000 euros para 2028

ℹ️ https://i.gal/BpQw5

Photo, no description
@concellodacoruna.bsky.socialOct 14, 2026, 12:05 PM

📣 O Fórum Metropolitano acollerá o 7 de novembro a segunda edición de CoruñART, o gran encontro aberto coa cultura

👉 O prazo de inscrición para profesionais e solicitudes de stands abrirase este xoves 15 de outubro de forma gratuíta

ℹ️ https://i.gal/8o296

Photo, no description
@concellodacoruna.bsky.socialOct 13, 2026, 5:58 PM

🖼️ A Casa Museo Picasso acolle a exposición ‘Versolandradas’, a nova proposta artística de Leandro Lamas 👉 A mostra poderá visitarse nas próximas semanas nun dos espazos culturais de referencia da cidade

Photo, no descriptionPhoto, no descriptionPhoto, no descriptionPhoto, no description
@concellodacoruna.bsky.socialOct 13, 2026, 4:12 PM

📣 O proxecto Allocate abre as inscricións dun novo curso de formación en intelixencia artificial verde e ética

👉 A matrícula é gratuíta e os participantes serán escollidos a través dun proceso de selección

ℹ️ https://i.gal/PlFiI

Photo, no description
@concellodacoruna.bsky.socialOct 13, 2026, 2:07 PM

Vari Caramés, Premio Nacional de Fotografía O fotógrafo, cunha fonda pegada profesional e persoal na cidade, recibe este recoñecemento do Ministerio de Cultura pola vixencia da súa obra e o seu papel clave na renovación cultural galega Parabéns!

Photo, no description
@concellodacoruna.bsky.socialOct 13, 2026, 1:06 PM

♻️ O Concello entrega mañá os composteiros domésticos do programa 2026 aos seus adxudicatarios

👉 En total repartiranse 80 colectores a asociacións, centros de ensino e particulares

ℹ️ https://i.gal/3LsFr

Photo, no description
@concellodacoruna.bsky.socialOct 13, 2026, 10:46 AM

⚫ A Corporación municipal gardou esta mañá un minuto de silencio polo asasinato por violencia machista dunha muller de 37 anos en Cuenca

Photo, no description
@concellodacoruna.bsky.socialOct 12, 2026, 10:31 AM

✍️ O Concello ofrece 400 prazas gratuítas na nova edición da Escola de Participación

👉 A programación inclúe 19 cursos e obradoiros, con 165 horas de formación para o tecido asociativo e a cidadanía. A inscrición abrirá o martes 13 de outubro

ℹ️ https://i.gal/GCH4V

Photo, no description
@concellodacoruna.bsky.socialOct 11, 2026, 11:02 AM

🚕 Aberto o prazo para solicitar o Bono Taxi 2027

👉 A convocatoria conta cunha dotación de 180.000 €. As persoas interesadas poderán presentar as súas solicitudes ata o 9 de novembro, ambos incluídos

ℹ️ https://i.gal/M4ztN

Photo, no description
Older posts
Terms of UsePrivacy PolicyCommunity StandardsHelpGet the app

Grilled Cheese is a product of Village Compute

Version devBuilt at: 2026-10-16 08:00:47 EDT