Grilled Cheese

ExploreLog inSign up

GCiencia

@gciencia.bsky.social

43 Following984 Followers

Xornalismo + Divulgación

PostsRepliesMedia
@gciencia.bsky.socialOct 12, 2026, 1:41 PM

Qryption é unha iniciativa do centro tecnolóxico Gradiant pola que poderán centralizarse os sistemas criptográficos financeiros nun só punto de xestión.

@gciencia.bsky.socialOct 12, 2026, 9:34 AM

Xa podes ler o novo Ciencia en Confianza, a newsletter de GCiencia. Esta semana, sobre a débeda histórica dos Premios Nobel coas científicas. Lembramos a Rosalind Franklin, Lise Meitner e Mileva Maric 👉🏼

@gciencia.bsky.socialOct 12, 2026, 8:47 AM

Unha investigación da @uvigo.bsky.social analiza a conduta suicida na mocidade galega: estes son os principais resultados e medidas de prevención.

@gciencia.bsky.socialOct 11, 2026, 9:05 AM

Sabías que Federico García Lorca era un apaixonado de Galicia? Do Café Moderno de Pontevedra aos ’Seis poemas galegos’. Esta é a terra que coñeceu o poeta.

@gciencia.bsky.socialOct 10, 2026, 9:51 AM

Unha exposición multiformato pon en valor sete oficios tradicionais galegos en risco de perderse da man de sete persoas que os exerceron, dende unha artesá dos coleiros a un home da luz.

@gciencia.bsky.socialOct 9, 2026, 12:13 PM

Un estudo da @udc.gal desenvolve unha metodoloxía que permite calcular nun único experimento un proceso clave para fabricar materiais destinados á electrónica orgánica e ás células solares.

@gciencia.bsky.socialOct 9, 2026, 9:58 AM

Unha investigación no xacemento do Combarro revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural en Galicia.

@gciencia.bsky.socialOct 9, 2026, 8:51 AM

O proxecto InnovaRTBRAIN, no que participa o CiMUS, investiga tratamentos máis eficaces e seguros fronte ao glioma, un dos tumores cerebrais máis agresivos e complexos.

@gciencia.bsky.socialOct 9, 2026, 7:39 AM

Como viven o dó os arroaces? Unha investigación da @cemmacetaceos.bsky.social documenta os comportamentos das femias tras a morte dos seus cachorros.

@gciencia.bsky.socialOct 8, 2026, 3:58 PM

O profesor da USC José María Anguita Jaén vén de publicar unha extensa análise sobre a imaxe da "adúltera castigada", a escultura dunha muller cun cranio no colo.

@gciencia.bsky.socialOct 8, 2026, 3:00 PM

No Día da Ciencia en Galicia a Real Academia Galega de Ciencias entregou as Medallas de Investigación a cinco referentes galegos de diferentes áreas de coñecemento.

@gciencia.bsky.socialOct 8, 2026, 1:41 PM

Unha investigación do IDIS estuda novos biomarcadores para avanzar cara a unha detección máis temperá do deterioro cognitivo e un seguimento personalizado.

@gciencia.bsky.socialOct 8, 2026, 11:44 AM

Unha nova filtración na balsa de lodos vermellos de Alcoa ameaza os fogares máis próximos, que se atopan a 75 metros da vertedura tóxica.

@gciencia.bsky.socialOct 8, 2026, 11:14 AM

Queres coñecer como viviu a experiencia espacial a tripulación de Artemis II? Podes consultar as imaxes e audios inéditos publicados pola NASA nesta peza.

@gciencia.bsky.socialOct 8, 2026, 9:07 AM

Galicia é a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos por afogamento en setembro, con sete mortes, só superada por Canarias (12), Cataluña (nove) e Andalucía (oito).

@gciencia.bsky.socialOct 8, 2026, 8:37 AM

A directora do Instituto de Investigacións Mariñas (IIM-CSIC), Beatriz Novoa, lembra a traxectoria de Aida Fernández Ríos e repasa os 75 anos de historia da institución.

@gciencia.bsky.socialOct 8, 2026, 7:45 AM

O último informe do ISCIII amosa unha radiografía da mortalidade atribuíble ao consumo de alcol en Galicia: estas son as claves.

@gciencia.bsky.socialOct 7, 2026, 4:52 PM

Menos dun 4% do total dos Premios Nobel de Física, Química e Fisioloxía e Medicina foron a mans de científicas, e aínda menos entregados individualmente a mulleres, sen compartir o galardón cun home.

@gciencia.bsky.socialOct 7, 2026, 3:53 PM

O investigador Fiz Fernández Pérez lembra a figura da oceanógrafa Aida Fernández Ríos, Científica Galega do Ano 2026. Aquí fai un repaso pola súa traxectoria

@gciencia.bsky.socialOct 7, 2026, 3:01 PM

Galicia rexistra o segundo mes de setembro máis cálido dende hai 65 anos, con 2,4 graos por riba do habitual.

Older posts
Terms of UsePrivacy PolicyCommunity StandardsHelpGet the app

Grilled Cheese is a product of Village Compute

Version devBuilt at: 2026-10-12 04:31:30 EDT