En galego, editado por @luzes.gal
A vella compañeira. Anxo Lugilde. share.google/TOWtVfvBikAY...
Hoxe, en El Progreso, @exantheo.bsky.social, tradutor ao galego de Anne Carson.
"Marca o pulso estético de toda unha xeración literaria" share.google/M65IOMld7EW7...
Aínda lembro cando saíu no Que casas! da Galega.
A xente toleou moito de diola co Arde Lucus.
www.idealista.com/inmueble/111...
Unha cousa que me toca especialmente a cona (e máis especialmente aínda dende as administraciós públicas) é que podes escribir ghalegho coma o carallo en canto documento e cousa cara o público exista que como "ben se entende" tampouco pasa nada por deixalo así. E iso nunca pasa co castelán.
Que boa noticia o Nobel a Anne Carson e que marabilla é a tradución ao galego de A antropoloxía da auga de @exantheo.bsky.social. Que edicións bonitas as do Chan da Pólvora de Antón Lopo. Que ledicia a conexión panluguesa, da Chaira ao val de Lemos.
Alguén ten que ter a visión e alguén cómprelle tamén a ductilidade de deixarse guiar. E para iso cómpre habitus, claro.
A nós deixaron de poder axudarnos coas tarefas escolares nos primeiros cursos da EXB. Aí hai xa unha fenda enorme.
Dicíamo unha rapaza fotógrafa que traballa ás veces comigo e que está a estudar un grao agora en Santiago. Ela é da periferia de Lugo. Ata que foi á universidade nunha coñecera ninguén non xa con pais, senón con avós que estudaran unha carreira. A nai desta moza ha ser do noso tempo.
Calquera que che diga que non aprendeu nada no sistema educacional (con todos os problemas que poida ter e que ten) é porque procede dunha contorna onde xa tiña acceso, os camiños abertos, persoas arredor co know how e coas redes. Iso é así.
Aurichu, claro; unha ollada arty e poída. E poderiamos facer unha análise bourdieuana no asunto, pero non paga a pena.
Unha das categorías máis vizosas das narrativas fanfiction (e aí, heteras, poucas) é tentacles.
É máis doado, pero non por iso a xente de clase acomodada ten sempre estilazo (por moitos cartos que invista)
E que ambas as celebracións teñan lugar durante o San Froilán tampouco pode ser casualidade.
🫂
Beiras foi un señor moi brillante, pero tamén se beneficiou do que denominaríamos hoxe pretty privilege: esa calidade de cabelo (pelo de rico, chámanlle), a estatura, os ollos grandes e azuis... que non eran mérito seu. O de ter estilazo si que foi mérito del, que hai moita xente ben moi mal vestida
É un poema que escribiu en eúscaro Gabriel Aresti en 1964.
Quitaranme as armas e coas maos gardarei a casa petrucial; tallaranme as maos e cos brazos gardarei a casa petrucial; deixaranme sen brazos, sen ombros e sen peitos, e coa alma gardarei a casa petrucial. Finarei, derramarase a miña alma, perderase a miña grei, mais a casa petrucial seguirá en pé.
Nire aitaren etxea (Gabriel Aresti, 1964) Gardarei a casa petrucial. Contra os lobos, contra a seca, contra a cobiza, contra a xustiza, gardarei a casa petrucial. Perderei os gandos, as veigas, os piñeirais; perderei os xuros, as rendas, os foros, mais gardarei a casa petrucial.
Compra e subcontrata.
