Grilled Cheese

ExploreLog inSign up

BNG - Bloque Nacionalista Galego

@obloque.gal

171 Following3.9k Followers

Bluesky oficial do Bloque Nacionalista Galego. Para que coñezas o que facemos por Galiza e por ti.

Nós nas redes: https://i.mtr.bio/obloque

Web: https://www.bng.gal/

PostsRepliesMedia
@obloque.galOct 11, 2026, 2:34 PM

Despedimos con fonda dor e inmenso agarimo o compañeiro do Ribeiro, Aristóbulo Quinteiro, o Tobo, un home que dedicou a súa vida á defensa da nosa Terra, da xente labrega e dos dereitos do pobo galego.

Que a terra che sexa leve!
www.nosdiario.gal/articulo/soc...

@obloque.galOct 11, 2026, 12:02 PM

O repaso sobre vivenda de Alexandra Fernández á Xunta HAI CATRO ANOS! E a cousa foi aínda a peor. 😒 📺

@nosdiario.bsky.socialOct 10, 2026, 1:04 PMReposted by @obloque.gal

🔵 "Un deputado e unha senadora do BNG conseguiron máis para Galiza que todos os demais": Ana Pontón quere "máis forza en Madrid"

@obloque.galOct 11, 2026, 9:07 AM

▶️ BNG denuncia a nefasta a xestión do Goberno de Rueda tras elevar a débeda de Galiza ao máximo histórico de 13.357 M€

▶️ Presas: “Sobe a hipoteca dxs galegxs e aínda así a sanidade está peor, non se actúa en vivenda e non hai un plan serio contra a crise de prezos”
www.bng.gal/articulo/nov...

@obloque.galOct 11, 2026, 8:02 AM

✉️ Recibe no teu correo un resumo semanal da actividade política do BNG.

Preme na ligazón e subscríbete: 
🔗 https://bit.ly/BoletinBNG

@obloque.galOct 10, 2026, 7:01 PM

Poder durmir sabendo que a túa xente está a salvo debería ser o normal, mais en Palestina ninguén pode facelo. Desde o BNG non nos olvidamos de quen o precisa, e defendemos a paz e os dereitos humanos fronte ao xenocidio en marcha. Co BNG, Galiza gaña!

@obloque.galOct 10, 2026, 2:02 PM

▶️ Pontón coloca o BNG como garantía de máis Galiza e xustiza social e para que Feijóo siga no ‘banquillo’ da oposición o 29-N

▶️ “Aquí coñecemos ben as políticas do PP que arrasan con todo o que é importante para ter unha vida digna”
www.bng.gal/articulo/nov...

@obloque.galOct 10, 2026, 12:02 PM

A vivenda é un dereito. Falamos de política de vivenda con Rubén Arroxo. 📺

@obloque.galOct 10, 2026, 7:06 AM

▶️ Pontón: “Evencio Ferrero é un exemplo a seguir e un político extraordinario que converteu Carballo nun modelo de bo facer”

▶️ Agradece ao exrexedor o seu traballo para transformar nun lugar onde se vive mellor un concello que é referente do modelo do BNG
www.bng.gal/articulo/nov...

@obloque.galOct 9, 2026, 7:01 PM

Non podemos evitar que sigas deixando a renda para a última hora. O que si conseguimos desde o BNG é que se estás a percibir o salario mínimo non teñas que pagar o IRPF na túa declaración anual. Exención do IRPF para quen cobra o salario mínimo, conseguido.  Co BNG, Galiza gaña!

@obloque.galOct 9, 2026, 6:02 PM

🔥 Gustaríache recibir no Whatsapp a información do que fai o BNG, os nosos contidos, vídeos, avisos...? 

Telo moi fácil. Preme na ligazón e únete á canle do BNG.
🔗 https://whatsapp.com/channel/0029Va84lfy0wajvPNPdOz0T

@obloque.galOct 9, 2026, 12:02 PM

A vivenda é un dereito. Falamos de política de vivenda con Alexandra Fernández. 📺

@obloque.galOct 9, 2026, 11:37 AM

▶️ Pontón denuncia que Rueda non garante a saúde mental das galegas e dos galegos

▶️ #PropostasBNG: 45 M€ no orzamento 2027 para o plan de saúde mental, 100 psicólogas e psicólogos en primaria e programas e unidades específicas en cada área sanitaria
www.bng.gal/articulo/nov...

@obloque.galOct 8, 2026, 7:02 PM

Desde o BNG conseguimos que se creasen xulgados específicos en Santiago e Ourense, e seguimos traballando pola súa implantación en Lugo, Ferrol e Pontevedra. Máis xulgados contra o machismo en Galiza, conseguido.  Co BNG, Galiza gaña!

@obloque.galOct 8, 2026, 6:56 PM

▶️ Pontón: “Ferrol merece un cambio e a alternativa para que a cidade avance é a do BNG con Mon Fernández como alcalde”

▶️ Facilitar o acceso á vivenda, impulsar servizos para as crianzas e poñer o patrimonio a disposición da veciñanza
www.bng.gal/articulo/nov...

@obloque.galOct 8, 2026, 3:15 PM

✉️ ABERTO O PRAZO PARA VOTAR POR CORREO NAS ELECCIÓNS XERAIS DO #29N

Se ese día non vas estar na túa casa ou estás na emigración, podes solicitar o voto por correo. Tes toda a información na seguinte ligazón:

🔗 http://votoporcorreo.bng.gal/

CO BNG, GALIZA GAÑA! 😉

@obloque.galOct 8, 2026, 12:02 PM

A vivenda é un dereito. Falamos de política de vivenda con Iago Lestegás. 📺

@obloque.galOct 7, 2026, 7:15 PM

Maricarmen foi símbolo dunha emerxencia: o acceso á vivenda. O seu desafiuzamento ergueu un clamor social. Facemos parte del e dicimos basta de inacción e de escusas. A vivenda é un dereito e os poderes públicos deben garantilo.

@obloque.galOct 7, 2026, 10:39 AM

▶️ Pontón propón que toda a vivenda pública sexa en alugueiro social e mobilizar a que hai baleira para alugar a prezos accesibles

▶️ "Rueda leva 17 anos do lado dos especuladores"

www.bng.gal/articulo/nov...

@obloque.galOct 6, 2026, 7:02 PM

CONSEGUIMOS: MÁIS XULGADOS CONTRA O MACHISMO EN GALIZA Grazas á negociación do BNG no acordo de investidura, hai novos xulgados contra a violencia machista en Santiago de Compostela e Ourense, e seguimos a traballar para que cheguen a Lugo, Ferrol e Pontevedra. Co BNG, Galiza gaña!

Older posts
Terms of UsePrivacy PolicyCommunity StandardsHelpGet the app

Grilled Cheese is a product of Village Compute

Version devBuilt at: 2026-10-11 02:37:10 EDT