Grilled Cheese

ExploreLog inSign up

Nós Diario

@nosdiario.bsky.social

3 Following2.3k Followers

Xornal de intereses galegos. A información precisa en nosdiario.gal

PostsRepliesMedia
@nosdiario.bsky.socialOct 11, 2026, 6:01 PM

⛓️ Colectivos de memoria piden reunirse co Goberno español e a Xunta polo cárcere de Ourense, "elemento central da represión"

@nosdiario.bsky.socialOct 11, 2026, 4:57 PM

ACTUALIZACIÓN | A decisión de Rufián sacode o taboleiro da esquerda estatal

@nosdiario.bsky.socialOct 11, 2026, 4:31 PM

CRÓNICA ⚽️ Derrota con orgullo: un Dépor valente resucita, sitia a área rival e roza a xesta ante unha Real que acaba pedindo a hora

@nosdiario.bsky.socialOct 11, 2026, 3:36 PM

✊ A veciñanza da Pobra do Brollón convocou unha concentración para exixir atención médica estábel no centro de saúde, que está sen médico, e para rexeitar a redución indefinida do horario do centro de día, comunicada con só 48 horas de antelación

www.nosdiario.gal/articulo/soc...

@nosdiario.bsky.socialOct 11, 2026, 2:34 PM

‼️ Rufián facendo campaña con Montero no Estado español? ERC e Podem na mesma candidatura en Catalunya? Isto é o que se sabe

@nosdiario.bsky.socialOct 11, 2026, 2:05 PM

CRÓNICA ⚽️ Un Celta sen pegada algunha logra arrancar un empate sen goles de Elx 👉 O Celta sumou un punto no Martínez Valero nun partido no que apenas xerou perigo. O pau e Radu sostiveron os celestes ante un Elx máis incisivo

@nosdiario.bsky.socialOct 11, 2026, 12:13 PM

📻 Julia Otero lembra Beiras, quen deixou o seu programa en 1995 porque "a longa man de Manuel Fraga fixo que a empresa se dobregase"

@nosdiario.bsky.socialOct 11, 2026, 11:09 AM

⚫️ Falece o histórico militante nacionalista e activista agrario Aristóbulo Quinteiro

@nosdiario.bsky.socialOct 11, 2026, 10:47 AM

‼️ Acaban as dúbidas: Rufián fecha a porta ao Frente Amplio e será o cabeza de lista de ERC o 29-N 👉 A Executiva Nacional de ERC formaliza este domingo o seu cabeza de lista para as eleccións estatais do 29 de novembro

@nosdiario.bsky.socialOct 11, 2026, 10:29 AM

‼️ Mertxe Aizpurua deixa o Congreso aos seus 66 anos: a portavoz de EH Bildu opta pola xubilación e non será candidata o 29-N

@nosdiario.bsky.socialOct 11, 2026, 9:49 AM

‼️ Lembra que este domingo aínda podes conseguir o 'Sermos Galiza', que acompaña o 'Nós Diario' e contén unha estensa e interesante entrevista ás Tanxugueiras a poucos días do seu concerto no Coliseum da Coruña

@nosdiario.bsky.socialOct 11, 2026, 9:24 AM

‼️ Duro golpe do movemento hutí a Arabia Saudita: polo menos 12 vítimas mortais nun ataque que paraliza o aeroporto de Riad

@nosdiario.bsky.socialOct 11, 2026, 8:31 AM

👶 ANÁLISE | A natalidade e os límites da inmigración 💬 "En resume: a inmigración non está a resolver o problema de avellentamento galopante que provoca que sexamos un país minguante" 🖊️ Albino Prada

@nosdiario.bsky.socialOct 11, 2026, 8:08 AM

Bo domingo! 🏛️ Tres dos escanos galegos no novo Senado xa teñen siglas: o PP deberá escoller quen ocupa dous e o BNG designar un

@nosdiario.bsky.socialOct 10, 2026, 6:00 PM

🏅 A posguerra, o misterio e a defensa da lingua: Xerais entrega os seus premios en Vigo a Alberto Lema, Ivana G. Abuín e Santiago Lopo

@nosdiario.bsky.socialOct 10, 2026, 5:40 PM

🇺🇸🇺🇦 Trump pide a dimisión de Zelenski: "Creo que chegou o momento de que Ucraína teña un novo presidente" 🥊 O inquilino da Casa Branca considera que "Zelenski quere xerar problemas ao mundo"

@nosdiario.bsky.socialOct 10, 2026, 5:19 PM

‼️ Cerdedo-Cotobade, coa abstención do PP e a proposta do BNG, acorda sacar un alcalde franquista e xefe da Falanxe do rueiro

👉 Antonio Sueiro Cadavide, último alcalde republicano de Cerdedo, será quen dea nome á actual rúa Manuel Gutiérrez Torre

www.nosdiario.gal/articulo/pol...

@nosdiario.bsky.socialOct 10, 2026, 3:50 PM

⛽️ Trump tira de Putin para dar fuel á súa campaña electoral: Rusia entregará "nun curto período" tres millóns de toneladas de diésel 🇷🇺🇺🇸 O presidente estadounidense e o ruso fechan un acordo para que Moscova subministre millóns de toneladas de gasóleo

@nosdiario.bsky.socialOct 10, 2026, 1:53 PM

💣 O Estado español contrae unha débeda de 1.000 millóns para gasto militar: Bruxelas asina o préstamo solicitado polo Goberno de Sánchez

@nosdiario.bsky.socialOct 10, 2026, 1:04 PM

🔵 "Un deputado e unha senadora do BNG conseguiron máis para Galiza que todos os demais": Ana Pontón quere "máis forza en Madrid"

Older posts
Terms of UsePrivacy PolicyCommunity StandardsHelpGet the app

Grilled Cheese is a product of Village Compute

Version devBuilt at: 2026-10-12 00:11:13 EDT