Felices de que tantos estudantes elixan a nosa Escola #TelecoVigo para o seu futuro: este curso, no PARS Máster e Grao de Telecomunicación ampliamos as prazas de 10 a 17; e no grao, de 150 a 157 👏
Fanse eco no @farodevigo.es.

Felices de que tantos estudantes elixan a nosa Escola #TelecoVigo para o seu futuro: este curso, no PARS Máster e Grao de Telecomunicación ampliamos as prazas de 10 a 17; e no grao, de 150 a 157 👏
Fanse eco no @farodevigo.es.
O equipo de CES UVigo conta actualmente con 17 integrantes, a maioría estudantes de #telecoVigo ou enxeñaría industrial, pero están á procura de novos membros!
En @lavozdegalicia-bot.bsky.social recollen a historia de 5 alumnos da @uvigo.bsky.social que están gozando do seu Erasmus. Entre eles, o estudante de #TelecoVigo Iago Prol que, durante este curso, cambiou a nosa Escola pola universidade finesa de Oulu.
Nas pasadas edicións, foron varias as alumnas de #telecoVigo que obtiveron este galardón: Marielena Márquez (2021 e 2022), Andrea Bustos (2022), Henar Mariño (2023), Daniela Sanz (2024), e Adriana Pazos (2025). Non podemos sentir máis orgullo do talento das nosas estudantes ❤️
Os docentes de #TelecoVigo Martín Llamas, Manuel Caeiro e Fernando Ariel Mikic participan neste proxecto para impulsar a transformación dixital da educación superior nos Balcáns Occidentais mediante a Intelixencia Artificial.
Parabéns aos tres novos directores e, especialmente, ao noso compañeiro Francisco Javier González Castaño, catedrático de #TelecoVigo, investigador de #AtlanTTic e, desde onte, novo director do Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación
Hoxe estamos de festa en #telecoVigo! 🎉 Celebramos o noso patrón e todo o que fai especial formar parte da Escola. Gozade moito e creade grandes recordos, pero sempre con sentidiño. Desexámosvos un magnífico #SanTeleco! 💙
A teoría sae do papel 📚➡️🥽 O alumnado de #TelecoVigo explorou hoxe en realidade virtual conceptos de Campos Electromagnéticos e TEM, difíciles de visualizar nun libro.
Probaron OndasXR, unha experiencia de RV desenvolvida por docentes da Escola para facilitar a aprendizaxe de conceptos complexos.
No suplemento Estela de @farodevigo.es atopamos o perfil dunha exalumna de #telecoVigo: Nerea Míguez. Desde pequena sempre quixo entender como funcionaban os aparatos, e por iso estudiou enxeñaría de telecomunicación. Hoxe é directiva de @vodafonegroup.bsky.social
A docente de #telecoVigo e investigadora de #AtlanTTic Laura Docío participará mañá nunha mesa de debate sobre IA e saúde, dentro do II #GaliaTech, un evento de DATAlife para achegar a Intelixencia Artificial ao tecido produtivo galego.
Se estás a comezar o grao de #telecoVigo, aínda che quedan moitas materias apaixonantes por diante. Preguntámoslles a dous dos nosos alumnos cal foi a súa materia favorita dos primeiros cursos: Programación 2 e Análise de circuítos.
E a túa?
Estudar un grao como #telecoVigo é máis fácil cunha boa planificación, por iso onte ofrecimos ao alumnado de 1º un obradoiro sobre xestión do tempo e técnicas de estudo impartido polo docente Artemio Mojón, dentro do programa #integraTE 👌
Queres ver todos os horarios de clases e exames do grao #TelecoVigo para este curso 26/27?
Podes facelo en bit.ly/horariosGETT
Se es estudante de 1º do grao #TelecoVigo non perdas mañá este obradoiro sobre xestión de tempo, aprendizaxe e estudo, dentro do programa #integraTE.
O docente Artemio Mojón dará algunhas claves para identificar os ladróns de tempo e organizarse mellor 👌
Primeiro día en #telecoVigo! 🎓 Hoxe demos a benvida ao novo alumnado de 1º e compartimos info sobre organización académica, PAT, cursos de inglés do Centro de Linguas ou asociacións estudantís como Foro Tecnolóxico. Grazas a Iago Soto de Quobis por aportar a súa visión profesional!
Se es de 1º de #TelecoVigo, agardámoste o luns na sesión de benvida 🤩
Descubre o día a día na Escola, os cursos de inglés do Centro de Linguas da UVigo, o plan de acción titorial, asociacións como Foro Tecnolóxico...
E despois, xincana pola Escola!
Os docentes de #TelecoVigo Carlos López Ardao e Miguel Rodríguez Pérez veñen de publicar este libro, unha introducción clara e rigorosa ás redes de ordenadores, que permite aprender como funcionan e por que se deseñan da forma na que o fan 👏
Máis info en bit.ly/3UPoIrV