A falta de vivenda no Porriño é un problema grave para o presente e para o futuro. Expulsa para outras localidades a persoas e familias que poderían vivir aquí.
Tamén fai difícil que funcionariado de servizos coma o sanitario ou o educativo se poidan asentar no concello.
